O Concello de Ferrol e Cáritas Diocesanas Mondoñedo-Ferrol asinan un convenio para loitar xuntos contra a Exclusión Social

Foi asinado este venres pola concelleira de Benestar Social, Saínza Ruiz, e a presidenta de Cáritas Diocesanas Mondoñedo-Ferrol, María Victoria González

O Concello consigna 35.000 euros no ano 2017 para tecer redes solidarias e protexer as familias vulnerables

O Concello de Ferrol e Cáritas Diocesanas veñen de asinar hoxe un convenio de colaboración para loitar xuntos contra a exclusión social. Foi asinado este venres pola concelleira de Benestar Social, Saínza Ruiz, e a presidenta de Cáritas Diocesanas Mondoñedo-Ferrol, María Victoria González.

O acordo é un convenio de colaboración entre a Administración local e Cáritas para o desenvolvemento dun programa de mellora da inclusión social, na atención a persoas en risco de exclusión social.  Conforme a este convenio, o Goberno de Ferrol consigna 35.000 euros no ano 2017 para tecer redes solidarias e protexer as familias vulnerables a través da entidade benéfica.

Tal e como manifestaba hoxe a concelleira, este acordo “é froito da vontade e da sensibilidade da Área de Benestar Social do Concello de incidir na mellora da inclusión social das persoas e grupos especialmente vulnerables fomentando a colaboración complementario na loita contra a exclusión social”.

A cantidade asignada polo Concello de Ferrol para este fin, tal e como consta no texto, é de 35.000 euros no ano 2017, para sufragar os proxectos incluídos no programa ‘Tecendo redes’, con intervencións en casos de familias en situacións de especial vulnerabilidade a través de distintas vías, tanto nos propios centro como con axudas económicas de emerxencia para cubrir necesidades básicas e de emerxencia para gastos excepcionais de ensino, farmacia, ortopedia, subministro (luz, gas…)

Pola súa banda, os responsables de Cáritas, e logo de manter unha xuntanza de traballo coa concelleira e os técnicos de Benestar Social, salientaron hoxe a longa colaboración co Concello de Ferrol para traballar, conxuntamente, na loita contra a exclusión social na ría de Ferrol e a vontade de sumar esforzos na mesma dirección.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s