O Concello de Ferrol pecha a tempada estival de salvamento con 15 rescates existosos e 748 asistencias #Salvamento #Praias #FacendoCidade

O Concello de Ferrol ven de pechar a tempada estival de salvamento e socorrismo, tres meses de servizo (do 15 de xuño ao 14 de setembro) nos areais do municipio aptos para o baño cun balance global de 15 rescates, 748 asistencias de enfermaría e unha afluencia estimada as praias de 258.365 persoas. En total, foron 15 as veces que os profesionais deste servizo remunicipalizado e con xestión directa, tiveron que intervir para auxiliar a bañistas que se atoparon en apuros na auga, sempre en zona de corrente e, as mais das veces, lonxe da zona sinalizada como apta e óptima para o baño. Catro dos 15 rescates foi a menores de idade e outros 4 a persoas que practicaban un deporte acuático, habitualmente xente de fora do municipio. O rescate mais complicado, de acordo ao relato dos socorristas, foi o dun cidadán xermano o pasado 11 de setembro, que rompeu a táboa cando practicaba surf pola forza da oleaxe. Por praias, Doniños (8), San Xurxo (4), e outros tres en Cobas, Santa Comba e Ponzos. Penencia foi, por certo, a praia na que mais veces ondeaba a bandeira vermella mentres que A Graña, na ría, en San Xurxo e Santa Comba, na que lucia mais a verde.

No resumo global dos tres meses, Doniños foi a praia con maior número de asistencias de enfermaría (268), seguida de San Xurxo (119), Cobas (81), Esmelle (71), Penencia (62), Santa Comba (57), Ponzos (47), A Graña (40). Fundamentalmente por escarapote (411), corte (177), picadura (84) e outros (67).

Estimación da afluencia total no verán 2017:

Doniños, 87465; San Xurxo, 44.645; Cobas, 41.773; Esmelle, 40.781; Penencia, 14.016; Santa Comba, 9.170; Ponzos, 12.223; A Graña, 7.252 persoas. O mes con maior afluencia foi agosto (139.029) e o menos concorrido, setembro (5430).

A temporada estival deste 2017 estivo marcada pola climatoloxía inestable e variable con moitos días anubrados ou chuviosos e a baixada de temperaturas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s