O regulamento da Casa da Mocidade aposta pola autoxestión para dinamizar a acción xuvenil no municipio #Mocidade #Regulamento #CasaDaXuventude

A Comisión Extraordinaria de Benestar Social, Muller, Igualdade e Xuventude celebrada na mañá deste martes 19, ditaminou favorablemente a proposta de Regulamento de uso da Casa da Xuventude do Concello de Ferrol, un texto froito do consenso que incorpora, no texto final, a maior parte das achegas feitas polos grupos da oposición e das propias entidades do municipio e que será elevado ao vindeiro pleno de fin de mes de setembro.

Así o manifestaba hoxe a concelleira de Mocidade, Saínza Ruíz, ao remate da comisión na que o regulamento foi votado a favor polo grupo de Goberno, e tamén pola parte de Bng, C´S e PSOE, e a reserva de voto do PP.

O articulado do regulamento, que aposta clara e decididamente pola autoxestión, foi abordado directamente cunha ducia entidades xuvenís -desde o sindicato de estudantes, asociación de xoves empresarios,.. -nunha xuntanza que tiña lugar a pasada semana nas dependencias da Casa da Xuventude, na rúa Almendra, 9, e consensuado co resto dos grupos. A Casa da Xuventude terá un horario de apertura acorde a normativa autonómica, tal e como reflicte o texto.

A concelleira manifestou que o regulamento será debatido na orde do día do vindeiro pleno ordinario de fin de mes na semana vindeira coa vontade de acadar a unanimidade, como disparador para recuperar a xestión da Casa directamente para a mocidade, con autoxestión, recollendo a través dunha canle directa coa concellería nun espazo diverso e común para desenrolar iniciativas. “Será unha autoxestión pactada polos propios colectivos e entidades que recuperan un espazo que no pasado tamén ocupaban entidades que nada tiñan que ver con mocidade”, manifestada a edil.

A Casa da Xuventude de Ferrol é un equipamento público de titularidade municipal cuxa finalidade é fomentar o encontro, a información, a comunicación, a dinamización do ocio e o tempo libre, favorecer a formación integral da Xuventude e promover o asociacionismo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s