I Concurso do Camiño Escolar Seguro do Concello de Ferrol: Buscamos Mascota para os “Colecamiños” #Mobilidade #EduaciónViaria #FacendoCidade

O prazo para remitir as propostas está aberto desde o 25 de setembro ao 20 de outubro e poden participar todos os centros de Educación Primaria do municipio

O Concello de Ferrol ven de convocar o I certame de debuxo escolar a fin de procurar unha mascota para os Camiños Escolares Seguros, un proxecto do Goberno local, que implica as áreas de Alcaldía, Urbanismo e Mobilidade, Educación, Seguridade e Tráfico, para ir marcando rutas escolares seguras para que os nenos e nenas -de xeito acorde a súa idade- poidan acudir camiñando aos centros, fomentando hábitos de vida saudable e a súa autonomía persoal.

O primeiro paso deste proxecto de ‘colecamiños’ e a procura dunha mascota, a través deste I certame impulsado desde a concellería de Mobilidade, como parte da programación deseñada polo Goberno de Ferrol na Semana Europea da Mobilidade que se celebra estes días e que na nosa cidade, terá o seu punto álxido do 22 ao 24 de setembro, co Día Mundial Se Coches e o Plan Móbete, coas líñas de bus urbano de balde e distintas actividades para fomentar as rutas a pé, na bici e o exercicio físico nas rúas, con música e degustacións gastronómicas.

O certame ten por obxecto fomentar a educación viaria entre os máis pequenos e o coñecemento dos Camiños Escolares seguros que se irán implantando na nosa cidade de xeito progresivo. As convocatoria coas bases do certame xa foron remitidas a todos os centros públicos e concertados de Educación Primaria do noso municipio.

O prazo de inscrición dos colexios estará aberto dende o 25 de setembro ata o vindeiro 20 de outubro, e pódese facer a través do Rexistro do concello ou no correo electrónico rutasescolares@ferrol.es. O primeiro premio consistirá nun caderno gráfico e dous accesit premiados cun Ebook. Todos os traballos seleccionados levarán un diploma pola súa participación neste concurso.

CIRCUITO DE EDUCACIÓN VIARIA O VENRES 22 NO CANTÓN

Co gallo do Día Mundial sen Coches que celebramos este venres 22, e coa colaboración da Policía Local, temos en marcha unha charlas de Educación Viaria para escolares de Primaria que se van a desenvolver na Praza da Constitución na tarde do venres 22, a partires das 17:00 horas (e na Aula de Ecoloxía Urbana en caso de choiva).

A maiores, instalarase no Cantón un divertido circuito para amosar, de xeito práctico aos nenos e nenas, como poden e deben circular de forma segura polas rúas nas súas bicis. Algo que poderán poñer en práctica durante toda a fin de semana na Magdalena Peonil.

Non é preciso inscrición para asistir e anímase aos rapaces a que acudan nas súas bicis para probar o circuito.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s