Ferrol en Común presentará hoxe no Pleno sendas mocións relativas ao Pazo de Meirás e a creación dun monumento memorial das vítimas do franquismo #PlenoFerrol #PazoDeMeirás #VítimasFranquismo

No pleno ordinadiro de fin de mes que terá lugar hoxe día 28 de setembro, o grupo municipal Ferrol en Común vai presentar dúas mocións relativas unha delas incorporación do Pazo de Meirás ao Patrimonio Público e a salvagarda da Memoria Histórica, que é un apoio expreso a mesma moción aprobada o pasado 12 de agosto de 2017 no pleno da Corporación Municipal do Concello de Sada.  Entre os acordos que se levarán a adopción do Pleno da Corporación están:

1 Manifestar publicamente e por escrito a adhesión do Concello de Ferrol ao acordo adoptado polo Pleno da Corporación do Concello de Sada o pasado 12 de agosto.

2 Respaldar, participar e impulsar, dentro das competencias que lle corresponden ao Concello de Ferrol, as iniciativas que se desenvolvan para garantir o cumprimento do acordado e a consecución dos seus obxectivos.

3 Condena expresa ante os comunicados emitidos pola Fundación Nacional Francisco Franco e promover a ilegalización da devandita fundación polo seu carácter antidemocrático.

4 Instar á Xunta de Galicia , así como aos poderes do Estado, a que dean efectivo cumprimento ao acordo referenciado no apartado 1 dentro do seu réxime competencial establecido.

5 Dar traslado do seguinte acordo á Xunta de Galicia e aos grupos con representación no Parlamento de Galicia, nas Cortes Xerais do Estado, Deputación Provincial, así como ao Goberno do Estado.

Por outra banda outra das mocións que presentará o Grupo Municipal de Ferrol en Común, levará como proposta de aprobación ao Pleno relativa á creación dun Monumento Memorial das Vítimas do Franquismo. Nesta moción ven proposto coma ubicación Canido no exterior do antigo Cemiterio (desparecido) na rúa Navegantes. No espíritu desta iniciativa está agrupar as vontades de persoas, colectivos e institucións de diversas localidades afectadas pola represión, tendo tamén o anceio de que esta homenaxe en forma de monumento non pertenza a un espazo ideolóxico concreto senón que responda á pluralidade da sociedade, a todas as sensibilidades sociais e políticas comprometidas coa lembranza das vítimas da barbarie.

Entre os ACORDOS desta moción para ser aprobada polo Pleno están:

1 Instalación dun Monumento/memorial que lembre os nomes de tódalas vítimas mortais da sublevación militar e da ditadura franquista entre os anos 1936 e 1976 en Ferrol- Eume-Ortegal. A súa ubicación será no exterior do antigo Cemiterio de Canido (desaparecido), na rúa Navegantes, nos arredores do IES de Canido.

2 DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO: COMISIÓN MIXT, formada por representación do Concello e investigadores, para o desenvolvemento teórico-práctico do proxecto, asesoramento histórico, suxerencias divulgativas e didácticas, elaboración e aprobación das listaxes de vítimas, percura e selección de materiais… Dita Comisión reunirase nun lugar, a determinar, pertencente ao Concello.

3 CONCURSO ABERTO: Consideramos importante que o Monumento polo seu significado público, monumentalidade e, principalmente, pola súa permanencia, sexa o resultado dun concurso aberto á cidadanía, no que se marcarán unhas pautas técnicas indispensables para a súa correcta instalación.

4 O ESPÍRITU DA SÚA INAUGURACIÓN será o da unha homenaxe social ás vítimas da represión ao tempo que o da reivindicación dos valores democráticos, representados nas persoas que foron asasinadas pola ditadura franquista.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s