Preto de dúas mil persoas participaron este verán 2017 nas actividades turísticas promovidas polo Concello #VeránFerrol #TurismoFerrol

Destaca a bo acollida que tiveron as rutas en taxi polo litoral, cun 99% de usuarios de fora da comunidade, e a metade extranxeiros

O Castelo de San Felipe, con 17.000 visitantes, segue a ser o referente turístico da nosa cidade, na que medraron notablemente as visitas aos museos naval, Exponav e o Museo da Natureza

A media de ocupación hoteleira no municipio chegou ao 90% en agosto e 83% en xullo

Unhas dúas mil persoas participaron nos meses de xullo, e agosto, e mesmo na primeira quincena de setembro, nas actividades promovidas desde o Concello de Ferrol dentro do produto Ferrol da Ilustración, de acordo aos datos recadados hoxe pola concellería de Turismo, Cultura, Educación e Festas.

En total foron unhas 2000 persoas distribuídas en diferentes pases entre xullo e mediados de setembro. Ao Arsenal Militar realizáronse, en total, 22 visitas (con distintos grupos); unha ducia a Navantia 12 visitas; 4 visitas teatralizadas á fortaleza militar de San Felipe; 5 visitas ao Palacio de Capitanía e 10 programacións da ruta modernista teatralizada.

En canto a visitas aos museos, do 1 de xullo ao 15 de setembro:

  • Exponav: 9.382 vistitas. (Engadir 8.400 visitantes a exposición temporal e 52 participantes en actividades infantís).

  • Museo Naval: 9.621 persoas.

  • Museo da Natureza, xestionado pola Sociedade Galega de Historia Natural, acumulou un total de 1.710 visitas.

Atendendo aos datos, temos que apuntar que o Castelo de San Felipe, segue a ser a fortaleza/monumento máis visitado de Ferrol, sumando 17 mil persoas nos meses estivais.

Os paseos diarios en barco pola ría de Ferrol,que se realizaron entre o 1 de xullo e o 10 de setembro, interesaron a máis de 3000 persoas e unhas 300 utilizaron tamén o barco para asistir as visitas teatralizadas en San Felipe.

RUTAS EN TAXI POLO LITORAL 2017

Unha das novidades con mellor acollida da proposta estival 2017 foron as rutas en taxi polo litoral de Ferrol, que foron valoradas positivamente pola Asociación RadioTaxi. Ofertáronse 5 percorridos a prezo fixo por vehículo, cunha duración variable de unha a tres horas nos meses de xullo e agosto polos espazos da zona LIC.

O perfil dos usuarios das rutas resultou ser, ao 99,9% xente de fóra de Galicia, fundamentalmente parellas de mediana idade en adiante, metade do Estado e do resto, doutras nacionalidades. Entre os estranxeiros, moitas veces, resultaron ser turistas dos cruceiros que atracan no peirao de Curuxeiras. Entre as rutas con mais demanda, a que percorría o tramo do litoral de Doniños a San Xurxo.

Por último, a ruta gastronómica “Do mar ao prato”, cun percorrido de 2 horas polo Ferrol máis mariñeiro, a lonxa, o mercado, o Barrio dá Magdalena e punto final nun restaurante para unha degustación da gastronomía local, aglutinou a 120 persoas nas súas 11 visitas dispoñibles. Foi especialmente destacable unha visita realizada coa Asociación de Persoas Xordas de Galicia.

Para concluír, a ocupación media hostaleira en Ferrol foi do 82’25% en xullo e do 90% en agosto e a cifra de turistas e visitantes que se achegaron ás dúas oficinas municipais de turismo ascendeu a 10.682 persoas, supoñendo os peregrinos do Camiño Inglés o 25’22% do total.

CIFRAS VISITAS VERANO 2017 FERROL GUIAS

XULLO

Arsenal: 189

Navantia: 169

Modernismo: 27

San Felipe: 95

Capitanía: 32

AGOSTO E SETEMBRO

Arsenal: 605

Navantia: 270

Modernismo: 94

San Felipe: 330

Capitania: 111

TOTAL VERANO 2017: 1922 pax.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s