Arrinca o Obradoiro de Emprego ‘Ferrol Industria 4.0’ cunha veintena de alumnos no Centro Municipal #EmpregoFerrol #Industria4.0 #FacendoCidade

O alcalde e o concelleiro de Emprego e Promoción Económico, participaron hoxe do inicio deste programa que permitirá mellorar o control de accesos ao Estadio da Malata a súa posta en valor

O obradoiro ten unha duración de nove meses e está cofinanciado por Economía e Industria o propio concello

 O Centro Municipal de Emprego do Concello de Ferrol, en Catabois, acollía hoxe o inicio do obradoiro de emprego ‘Ferrol Industria 4.0’, un programa mixto de emprego confinanciado polo Concello e a Xunta, a través da Consellería de Economía, no que participan unha vintena de alumnos e que vai a permitir a mellora do control de accesos ao Estadio Municipal da Malata e a posta en valor desta instalación municipal de uso deportivo e social.

O obradoiro de emprego ‘Ferrol Industria 4.0’ ten un importe total de 325.448,42€, cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia (279.959,00€) e o Concello de Ferrol (45.489,42€).

Con este obradoiro, vaise desenvolver un proxecto para a mellora do control de acceso do Estadio Municipal da Malata e posta en valor desta instalación municipal de uso deportivo e social. Como sabedes, o estadio Municipal de A Malata ten, para o control de accesos, un conxunto diverso de vallado e portas metálicas que presentan unha corrosión acentuada e un estado de degradación importante. Polo tanto, preténdese a construción de panos modulares para vallado e portas metálicas en sustitución dos existentes en estado deteriorado.

O obradoiro, que comezaba hoxe, ten unha duración de nove meses ate o 28 de xuño do 2018, e participan un total de 20 alumnos-traballadores van desenvolver este proxecto a través de 2 especialidades formativas:

1.-Tratamentos superficiais (FMEH0309): 10 alumnos-traballadores

2. Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG (FMEC0210): 10 alumnos-traballadores

¿Qué é un obradoiro de emprego? É un programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade, mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de interese xeral e social.

A través deste sistema mixto de emprego e formación o alumnado-traballador ten a posibilidade de realizar un traballo efectivo e unha formación profesional para o emprego relacionada directamente co dito traballo.

Persegue dous obxectivos, aportar a formación básica e profesional que lle permita incorporarse á vida activa e a formación complementaria ligada ao certificado de profesionalidade (prevención de riscos laborais, sensibilización medioambiental, alfabetización informática, formación para o autoemprego e cración de empresas…)

Este obradoiro Ferrol Industria 4.0 estará formado, igualmente, por un equipo directivo, docente e de apoio composto por 5 persoas:

  • 1 director

  • 2 mestres especialistas de cada unha das actuacións formativas

  • 1 auxiliar administrativo

  • 1 titor-docente.

A selección realizouse a través dun grupo de traballo mixto formado por 4 persoas, dúas en representación da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña e dúas en representación da entidade promotora (Concello de Ferrol)

O obradoiro terá a súa sede nas instalacións do Centro Municipal de Emprego do Concello de Ferrol, sito na r/ Sagrada Familia, 56 de Catabois (Ferrol).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s