PASOS DE PEÓNS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA #Igualdade #QuerémonosVivas #FacendoCidade

Hoxe presentamos unha iniciativa novidosa que foi respaldada por unanimidade no pleno municipal para colocar nos pasos de peóns (57) con maior visibilidade do noso municipio, en distintos puntos da cidade, un total de 19 frases recopiladas na Marcha Sufraxista, na Marcha Mundial das Mulleres e no marco da campaña Ferrol en Negro.

“Consiste en feminizar as obras e espazos peonís da cidade con frases de autoras feminista e da campaña Ferrol en Negro contra a violencia machista”, manifestou a concelleira, Saínza Ruiz, “para concienciar a sociedade, en particular a nosa cidade, da loita contra o machismo”.


A súa colocación é froito do traballo conxunto de Benestar Social coa Concellería de Obras e Servizos. Colocaránse as plantillas coas frases en espazos de boa visibilidade buscando o impacto no peón e a súa sensibilización. Comezarán a pintarse nos vindeiros días por parte da cuadrilla municipal de Obras.

Vai, tamén, unha foto da concentración do minuto de silencio que tina lugar este mediodía as 12:00 en sinal de repulsa a derradeira vítima da violencia de xénero. Unha moza de Sestao asasinada pola súa parella. Outro crimen noxento contra o que berramos en silencio.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s