O Concello de Ferrol atendeu 267 chamadas para o control poboacional de gaivotas e pombas #MedioAmbiente #ControlAves #FacendoCidade

O obxectivo desta campaña que se desenvolve de maio 2017 ate abril do 2018 é reducir de 10% a 20% a súa presenza na cidade e mellorar a calidade de vida dos cidadáns

A campaña de control dos estorniños iniciase a semana vindeira e empregará sinais acústicas e rapaces para evitar a súa molesta concentración en parques e xardíns

O Concello de Ferrol deu hoxe a coñecer os resultados da campaña de control da poboación urbana de gaivota patiamarela e do estorniño pinto e pomba doméstica que ten en marcha a través dun plan de acción que abrangue desde maio do 2017 ate abril do vindeiro ano.

O concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Luis Victoria, explicaba hoxe os obxectivos da campaña, e o facía acompañado dos técnicos da empresa concesionaria, Locus Avis, unha das poucas especializadas neste segmento de acción. O plan, que vai de maio do 2017 ate abril do 2018, persegue unha reducción da presencia destas especies de entre un 10 e un 20% anual.

Esta campaña procura, explicaba Luis Victoria, unha mellora das condicións de vida dos cidadáns de Ferrol, realizando a xestión das poboacións destas aves para previr e evitar riscos de pragas e garantir a salubridade pública, á vez que se asegure o benestar dos animais. A empresa atende todas queixas e reclamacións motivadas pola presenza de gaivotas, pombas ou estorniños.

Implica unha visita aos domicilios dos solicitantes para resolver o problema atopado ou asesorarlles en posibles solucións de índole privado. No caso do control de gaivotas, o obxectivo é reducir e desprazar á poboación de gaivotas que colonizou a cidade e fai uso dela alimentándose dos nosos refugallos e criando nos nosos edificios, o que ocasiona ruídos, malos cheiros e danos nos nosos tellados.

¿Como dar conta? Os cidadáns poderán solicitar o servizo no teléfono 981677809 ou da dirección de correo electrónico locusavis@telefonica.net en horario de 9:00 a 19:00 horas, ou a través dos servizos municipais de Medio ambiente no teléfono 981944160 en horario de 9:00 a 14:00 horas.

A fin de darlle difusión ao proxecto, o Concello de Ferrol conta cun folleto divulgativo no que se describen brevemente as características principais destas especies e detállanse os medios e horarios polos que se atenderán as queixas que calquera cidadán poida ter pola presenza destas aves. Repartiuse pola cidade e tamén se pode consultar na web municipal http://www.ferrol.gal

CONTROL POBOACIONAL DAS GAIVOTAS

Os servizos que xa se realizaron nesta campaña 2017 ao respecto das gaivotas e e que se repetirán nas sucesivas:

  • Control da nidificación mediante a retirada dos niños e os postas presentes nos domicilios afectados desde o 1 de maio e o 31 de agosto.

  • Retirada de aves caídas, feridas ou enfermas, tanto en zonas públicas como no interior de edificios privados (patios interiores) ao longo de todo o ano.

  • Asesoramento técnico para evitar a presenza destas aves nos seus edificios (instalación de sistemas que eviten que se pousen ou que aniñen nos mesmos) ao longo de todo o ano.

CONTROL POBOACIONAL DOS ESTORNIÑOS

No caso do control de estorniños, unha campaña que está a piques de comezar, o obxectivo é evitar a concentración de exemplares nos parques e xardíns da cidade que se produce nos meses invernais, causando ruído e acumulación de excrementos.

  • Visitas para valorar os danos e molestias ocasionadas.

  • Asesoramento técnico para evitar a presenza destas aves nos seus edificios.

  • A maiores, realizaranse tarefas de localización e seguimento dos estorniños presentes nos parques e xardíns da coidade entre os meses de outubro e marzo. O servizo procederá á expulsión dos mesmos mediante gravacións de sons de alarma e aves rapaces adestradas con técnicas de cetrería, métodos respectuosos coas aves e que non causan molestias aos veciños das zonas afectadas.

CONTROL POBOACIONAL DE POMBAS

No caso do control de pombas, o obxectivo é evitar ou reducir a reprodución colonial de pombas en edificios do centro urbano, causantes de malos cheiros, acumulación de excrementos e transmisión de enfermidades.

Os servizos que se realizarán directamente aos cidadáns solicitantes serán:

– Control da nidificación mediante a retirada dos niños e os postas presentes nos domicilios afectados.

– Retirada de aves caídas, feridas ou enfermas, tanto en zonas públicas como no interior de edificios privados (patios interiores) ao longo de todo o ano.

  • Asesoramento técnico para evitar a presenza destas aves nos seus edificios (instalación de sistemas que eviten que se pousen ou que aniñen nos mesmos) ao longo de todo o ano.

Estas actuacións directas aos cidadáns complementaranse con outras accións indirectas, como a localización de pombais urbanos incontrolados en edificios abandonados ou outras estruturas e un estudo poboacional anual.

Finalmente, dada a especial problemática ambiental que a presenza de aves exóticas invasoras supoñen para os nosos ecosistemas, poñerase en marcha dentro do plan de acción a vixilancia e control destas especies no termo municipal de Ferrol, mediante un estudo censal anual e a realización de labores de control en caso de detectar exemplares dentro da nosa cidade. As aves son trasladadas a Culleredo e Oleiros, onde se atopa o centro de recuperación de fauna salvaxe, mentres que no caso de cadáveres e residuos contumaces, a través de Gesuga, en Cerceda.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s