O goberno de Ferrol acorda crear unha unidade policial específica de medio ambiente para controlar as explotacións forestais #Rural #MedioAmbiente #FacendoCidade

O Executivo comezou a deseñar un calendario de traballo para a redacción dun primeiro borrador dunha ordenanza reguladora de camiños e viarios rurais e forestais

O Goberno de Ferrol acordou esta semana a creación dunha unidade policial de medio ambiente adicada, entre outras cuestións, dun xeito particularmente específico, a garantir o cumprimento da normativa vixente no control das explotacións forestais por parte das empresas adicadas ao negocio da madeira.

Este acordo é froito dunha xuntanza que tiña lugar esta semana nas dependencias do Pazo Municipal e que se prolongou por espazo de hora e media. Estivo presidida polo alcalde, e contou coa asistencia dos concelleiros de Medio Ambiente e Seguridade, Luis Victoria e Álvaro Montes, os xefes de Policía Local e do Corpo de Bombeiros, así como técnicos municipais de Patrimonio e asesores xurídicos do Concello.

Nesta mesma reunión, acordouse o inicio da redacción dunha ordenanza reguladora de camiños e viarios rurais e forestais, enfocada a protección do patrimonio natural fronte as recorrentes desfeitas ocasionadas, en incontables ocasións, polo acceso de camións e maquinaria pesada para talas, cargas e descarga da madeira dos nosos montes, e moi a miúdo, fóra do control das autoridades.

A intención de Executivo local é fixar un calendario de traballo para urxir a redacción desta ordenanza a fin de contar cun primeiro borrador antes de que remate o ano.

Desde o Goberno local pídese a colaboración activa dos veciños para denunciar a aquelas empresas das que teñan constancia de que están a ocasionar danos e destrozos nos viarios públicos, malia que pola lexislación vixente, unicamente poderán sancionarse os constatados no último ano.

RurPor último, e con respecto a limpeza de parcelas e a obriga que teñen os propietarios sobre as súas propiedades, acordouse iniciar desde Patrimonio unha actualización dos expedientes abertos e o inicio das accións pertinentes para salvagardar o patrimonio colectivo dos nosos montes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s