15 alumnos inician hoxe un curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais #CursoAFD #EmpregoFerrol #FacendoCidade

O curso, teórico e práctico, rematará a mediados de marzo o os habilita coa certificación profesional nesta especialidade O alumnado foi seleccionado entre os inscritos no Servizo Público de Emprego.

O concelleiro de Emprego e Promoción Económica, Álvaro Montes, acompañou hoxe ao alumnado que este luns iniciaba, no Centro Municipal de Emprego do Concello de Ferrol en Catabois, o curso (AFD) de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Este curso, explicaba Montes, conta con financiamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria, cunha achega de 33.378 euros, ao abeiro da convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas correspondente aos exercicios 2017 e 2018. Subliñou a importancia de formar a persas en situación de desemprego en atención a persoas dependentes, an procura dunha oportunidade laboral. O curso, do que toman parte 15 alumnas e alumnos inscritos no Servizo Público de Emprego, suma un total de 468 horas lectivas, 388 son de formación específico e 80 horas de prácticas profesionais en horario de luns a venres de 9 a 14:00 horas.

Está previsto que remate a mediados de marzo. Ao termo, o alumanos obterá a súa titulación con certificado de profesionalidade desta especialidade formativa (nivel 2) que os capacita para desenvolver esta ocupación dentro da área profesional da atención social, na asistencia a persoas dependentes no ámbito sociosanitario en institucións sociais.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s