Axenda Cultural do 17 ao 22 de outubro #CulturaFerrol #AndresSuárez#Festea #NaRaíz #DomingosAEscea #OrquestaSinfónica #Música #Teatro #FacendoCidade

MARTES 17,
ANDRÉS SUÁREZ presenta el libro “Más allá de mis canciones”

19:00 HORAS NA CAPELA DO CTB

“Más allá de mis canciones” reúne dezaoito relatos ilustrados que parten das cancións máis emblemáticas do soado cantautor galego. Máis aló das cancións hai unha historia, un momento, unha sensación… Aquela tarde que se escapou, o tren que non chegaba nunca ou a noite infinita na que sentimos eternos.

XOVES 19,
ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA
20:30 AUDITORIO DE FERROL

Organiza: Sociedad Filarmónica Ferrolana. “Entradas de socio só disponibles na billeteira do Teatro Jofre”. PROGRAMA: OCTAVIO VÁZQUEZ: Eleusis // CARL NIELSEN: Concerto para clarineta, op. 57 // MODEST MÚSORGSKI: Cuadros dunha exposición. // PABLO GONZÁLEZ, director. IVÁN MARÍN, clarinete.

  VENRES 20,

OQUESTRADA (ciclo: Na Raíz)

21:00 horas TEATRO JOFRE 10 EUROS

Un son único e cosmopolita inspirado nas raíces da música popular portuguesa”. O destino fixo que Marta e Pablo se encontraran á volta do camiño. Ela lisboeta, actriz durante anos, percorreu co seu canto os escenarios dunha Lisboa escondida e noctámbula: cafés, restaurantes e tascas caboverdianas onde acontecían as longas noites fadistas. Pablo medrou nos suburbios de París achegado á comunidade portuguesa o que vía.

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/teatro-jofre/7664–ciclo-na-raiz-oquestrada.html

FESTEA 2017

SÁBADO 21, 18:00 CENTRO CIVICO DE CARANZA

Festea 2017 (teatro de obxetos) “RÉQUIEM PARA UN MONICREQUE”

Compañía: OS MONICREQUES DE KUKAS (Galicia)

Segundo o xurado do XII Premio Barriga Verde: “Requiém por un monicreque” é unha peza deliciosa que, partindo dunha anécdota histórica operística, indaga con ironía na relación entre o escénico e o extra escénico.. 

VOAXA E CARMÍN

TEATRO JOFRE

20:30 HORAS

Compañía: ButacaZero

Voaxa e Carmín é unha comedia terrorífica que da voz a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como As Marías de Santiago de Compostela nunha proposta de teatro de actrices sobre un gran lenzo audiovisual: unha Compostela máxica.

DOMINGO 22

DOMINGOS A ESCENA, 19:00 DE BALDE
Licor de saúco


Compañía: GRUPO: Cardume Teatro (A Coruña)

Adaptación da obra “Arsenic and old lace” escrita por Joseph Kesserling. O delicado límite entre a cordura e a tolemia, o sentido ético e belo da morte compasiva, o encanto da inocencia, o amor repentino e apaixonado ou o amor á familia como signo de identidade; son algúns dos temas polos que se desliza, de forma satírica e delirante, esta sensacional comedia..

Lembrade que agora podedes recibir a programación cultural directamente nos voso móbiles ou tabletas simplemente apuntando o voso enderezo electrónico: www.ferrol.es/jofre no apartado de subscrición a eventos: http://www.ferrol.es/jofre/Paginas/SelEvento.aspx

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s