O Concello de Ferrol convida ao coles ao Teatro de Monicreques no #FESTEA 2017 #CulturaFerrol #Festea #Monicreques #Educación

Ofrécense 11 funcións extra para escolares dos centros públicos e concertados do municipio que se inscriban na actividade

As funcións escolares principian este xoves 19 no Centro Cívico de Caranza cunha función premiada co Barriga Verde

Festea 2017, a 2º Ciclo de Teatro de Obxectos e Monicreques do Concello de Ferrol, ofrece, ademais da programación ordinaria de balde para todos os sábados (18:00) e domingos (12:00) de outubro e novembro, un total de once funcións extra para escolares do municipio que principian este xoves no Centro Cívico de Caranza.

O Concello de Ferrol, a través das áreas de Educación e Cultura, está a ofertar esta posibilidade a todos os centros de ensino público e concertado do municipio, en Educación Infantil e Primaria, para poder asistir as funcións que terán lugar os xoves e venres de outubro e novembro, no Centro Cívico de Caranza en dous pases, as 10:00 e as 12:30 horas.

Os colexios unicamente teñen que inscribirse no proxecto para poder acudir as funcións escolares no correo educación@ferrol.es

A primeira será este xoves 19 as 12:30, con “Requiem para un Monicreque”, da compañía Os Monicreques de Kukas, cunha montaxe que foi recoñecida co premio Barriga Verde. Repiten función o venres 20 as 10:00 e as 12:30 horas.

O seguinte pase escolar será o xoves 26 (12:30) e venres 27 (10:00 e 12:30) con ‘Todos au Balcón’, de Viravolta Títeres. Os colexios aínda terán outras cinco oportunidades en novembro, os días 9 (12:00) e 10 (10:00 e 12:30), coa montaxe de ‘Visiños’, da compañía lusa Partículas Elementares, e o colofón das funcións escolares será ‘Ceniencienta‘, da compañía madrileña La Mar de Marionetas, o xoves 16 e 17 de novembro.

FUNCIÓNS ESCOLARES FESTEA 2017

CENTRO CÍVICO DE CARANZA

OUTUBRO

-XOVES 19, Pases as 12:30 horas “Requiem para un Monicreque”

-VENRES 20, Pases as 10:00 e 12:30

-XOVES 26 12:30 ‘Todos au Balcón’, de Viravolta Títeres

-VENRES 27 10:00 e 12:30,

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s