
Desde aqui, facemos un chamado a todos os veciños e veciñas de Ferrol a que se sumen o domingo a esta protesta: Lume Nunca Mais. Porque O noso monte, importa. Polo monte, Por dignidade. Contra a lei de depredación de Galicia.
Logo do acontecido o pasado domingo, con catro persoas vitimas do lume e un país tinguido de negro con consecuencias dificiles de cuantificar e aínda por determinar, a veciñanza dos múltiples concellos afectados coinciden na denuncia de falla de medios coas lapas na porta das casas e non comprenden como o Goberno da Xunta cesou no seu contrato as brigadas forestais no medio dunha fonda seca coa previsión atmosférica que marcaba o alarmante factor 30 (combinación de altas temperaturas, baixa humidade e fortes ventos).
#LUMES NUNCA MAIS
Advertisements