O SICTED, Sistema de Calidade Turística, consolídase en Ferrol con 36 empresas distinguidas en 2017 #TurismoFerrol #CalidadeTurística #SICTED

Entre as entidades recoñecidas con este selo de calidade figura a Oficina Municipal de Turismo de Ferrol

Ferrol sitúase como un dos destinos do Estado cos alugueiros vacacionais mais accesibles segundo a web especializada Trip Advisor

 Ferrol é un dos cinco destinos turísticos distinguidos co certificado SICTED existentes en Galicia. En total, son 36 as empresas e entidades que xa contan con este recoñecemento da calidade turística, 10 de elas de nova incorporación e outras tantas que veñen de renovalo por dous anos mais.

O Salón de Recepcións do Concello de Ferrol acolleu a última hora desta mañá a entrega dos distintivos de calidade turística SICTED, un proxecto de mellora da calidade dos destinos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo (SET), co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). A entrega estivo presidida polo concelleiro de Turismo, Suso Basterrechea, e contou coa representación doutros grupos do arco político municipal.

Un conxunto de 36 empresas foron recoñecidas este ano tras superar o proceso de avaliación para obter ou renovar o distintivo. Entre os premiados atópase a Oficina Municipal de Turismo de Ferrol que se converte así, no primeiro servizo municipal en estar certificado polo SICTED. Así mesmo, segundo TripAdvisor Rentals, Ferrol sitúase como un dos destinos máis alcanzables en alugueres de apartamentos turísticos para este outono a nivel nacional, colocándose á cabeza das cidades e municipios galegos.

Entre as empresas e entidades que se certificaron no SICTED atópanse a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, o Parador de Ferrol, o hotel Carrís Almirante, a Fundación para o Fomento do Coñecemento da Construción Naval e as Actividades Marítimas (Exponav) e Radio Taxi, entre outras.

¿Que é SICTED?

SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo (SET), co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que traballa con empresas e servizos turísticos de ata 33 oficios. Desde axencias de viaxes, oficinas de turismo, museos, restaurantes, apartamentos turísticos, hoteis ou albergues, ata praias, parques de lecer, servizos de limpeza ou empresas de aluguer de vehículos. O obxecto do devandito proxecto é a mellora interna dos procesos das empresas, pero sobre todo unha mellora da calidade total no destino, traballando a nivel horizontal, buscando incrementar a satisfacción do turista en cada un dos servizos turísticos que reciba.

En Ferrol, esta certificación resulta gratuíta para os participantes xa que está subvencionado polo Concello a través da Sociedade Mixta de Turismo.

A metodoloxía do SICTED inclúe 32 manuais de boas prácticas, un por cada oficio. Entre os seus principais atractivos atópase o ofrecemento ás empresas e servizos turísticos adheridos un plan de formación, visitas de asistencia técnicas realizadas por asesores homologados, talleres colectivos, grupos de traballo que desenvolven propostas de mellora para o destino e avaliacións cuxo obxectivo final é contrastar a súa adecuación aos estándares de calidade.

Ferrol é un dos 191 destinos de España que forman parte da metodoloxía SICTED, no que figuran actualmente 5333 empresas distinguidas en todo o país e outras 4003 empresas adheridas que traballan para lograr o certificado, segundo informa a web do proxecto: http://www.calidadendestino.es/.

En Galicia, ademais de Ferrol, único destino da Coruña adherido ao SICTED, atópanse as localidades de Sanxenxo, Baiona, o territorio Pontevedra-Rías Baixas a través da Deputación e o municipio lucense de Guitiriz.

Ferrol, un dos destinos mais accesibles para alugar aloxamentos segundo TripAdvisor

Ferrol sitúase como un dos destinos españois máis asequibles no aluguer de aloxamentos turísticos para este outono, segundo TripAdvisor Rentals. A empresa especializada en aluguer vacacional, apartamentos e casas rurais deu a coñecer os prezos dos devanditos alugueres para esta tempada. A través dun mapa interactivo especifícanse os destinos máis populares, os máis económicos e os máis caros a nivel nacional. No devandito mapa, ademais, pódese consultar as tarifas dos alugueres vacacionais a escala europea.

Centrándonos no Estado, os datos reflicten que o prezo medio para este outono é de 998 euros e outubro, o mes con maior cifra de ocupación a nivel estatal (58%). Ferrol colócase á cabeza do ránking con respecto ao resto de Galicia con 256 euros por semana. Outras cidades como Torrevieja, Orihuela ou Torrent situadas na Comunidade de Valencia ou Villamartín, municipio gaditano, tamén entran nesta lista.

FERROL É UN AGASALLO

Achegamos a ligazón na web oficial do Concello de Ferrol ao vídeo turístico lanzado pola Concellería de Turismo, a través da Empresa Mixta de Turismo, que ten como protagonista ao xornalista galego Luis Fraga. Pretende reforzar Ferrol como un destino atractivo e preferente para viaxar tamén nas pontes e fins de semana, como alternativa a na destacionalización vacacional tradicional.

Aquí vai. http://www.ferrol.gal/

Ferrol é un agasallo.

https://www.youtube.com/watch?v=p_xqAojZLLY&feature=youtu.be

ENTIDADES PARTICIPANTES

– Autoridad Portuaria de Ferrol-San Cibrao. Recoge distintivo Alejandro Rey Seoane.

– Autos Camilo. Recoge distintivo Javier Fernández Rodríguez.

– Cafetería Avenida. Recoge distintivo Emilio Vázquez Rey

– Centro BTT Valle de Esmelle. Recoge distintivo Rafael Fernández Beceiro

– Concello de Ferrol. Recoge distintivo Marisa López Morales.

– El Marqués. Recoge distintivo Ana Mª García Antas.

– El Rápido. Recoge distintivo José Castro Orte.

– Ferrol Surf School. Recoge distintivo Juan Devesa

– Ferrol Surf & Yoga House. Recoge distintivo Juan Devesa

– Fundación para el Fomento del Conocimiento de la Construcción Naval y las Actividades Marítimas. Recoge distintivo José Enrique Fernández López.

– Hotel Carrís Almirante. Recogen distintivo Alba Álvarez y Mercedes Porto.

– Item-aga. Recoge distintivo Rubén López Pereira.

– Juan Manuel Pérez Rico. Recoge Juan Manuel Pérez Rico (son dos pegatinas y diploma)

– La Espuma. Recoge distintivo José Castro Orte.

– Manuel Freire Díaz. Recoge distintivo Manuel Freire Díaz (son dos pegatinas y diploma)

– Oscar Rodríguez Formoso. Recoge distintivo Oscar Rodríguez Formoso(son dos pegatinas y diploma)

– Parador de Turismo de Ferrol. Recoge distintivo José Antonio Cedena.

– Radio Taxi Ferrol. Recoge distintivo Juan Vigo Dopico

– Secret Galicia. Recoge distintivo Xulio Vázquez Deibe (pin y diploma)

– Sede A Fundación Ferrol. Recoge distintivo Tatiana Puente Faraldo.

– Viajes Galitur S.L. Recoge distintivo José Anca.

– Viajes Paco S.A.Recoge distintivo Cidre Sánchez Ricoy.

  • (Non asisten, por motivo de axenda: Boss Ferrol, O Parrulo, Occidente Comunicación).
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s