V EDICIÓN PREMIOS FERROLTERRA EMPRENDE 2017 #PromociónEconómica #Emprende #FacendoCidade

Hoxe o concelleiro de Emprego e Promocióno Económica, Álvaro Montes, acompañaba ao presidente de AJE, Luis González Rey, de Error Ferrol,  na presentación da V edición dos Premios Ferrolterra Emprende 2017, un proxecto mais para pular pola innovación da comarca.  Montes destacaba hoxe na presentación o orgullo de contar cun certame que aposta por crecer en positivo, innovando e desde a mocidade.

Entre as novidades desta edición, destacaban desde AJE, un premio do público que se poderá valorar a través das redes sociais. A gala será o 24 de novembro do 2017 as 19:30 horas en Exponav.

CANDIDATURAS E PRAZOS:

Nesta edición o Premios Ferrolterra Emprende 2017 comprende dúas categorías e catro accésit:

· Premio Joven Empresario 2017: Empresario que leve constituído máis de 3 anos, en calquera das súas formas xurídicas. A dotación dos Premios é de 3.200€ en formación por cortesía de IESIDE, Escola de negocios AFUNDACIÓN.

· Premio Joven Emprendedor 2017: Empresario ou emprendedor que leve constituído, en calquera das súas formas xurídicas, menos ou igual a 3 anos y cunha facturación inferior a 1 millón de euros. A dotación do Premios Joven Emprendedor 2017 é de 1.000€ por cortesía do IGAPE.

· Accésit á creación de emprego. Dotación: formación de IESIDE.

· Accésit á RSE e conciliación laboral. Dotación: formación de IESIDE.

· Accésit á innovación. Dotación: formación de IESIDE.

· Accésit as novas tecnoloxías. Dotación: 1 ano de publicidade gratuíta en Ferrol 360.

Poderán ser candidatas a participar no Premio todas as empresas radicadas nas Comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, tanto persoas físicas como xurídicas, sempre e cando os empresarios ou directivos da empresa non superen os 41 anos de idade.

O prazo para presentar as candidaturas (presencial en AJE ou por correo electrónico) ábrese o luns 23 e pecha o 17 de novembro, na sede da asociación ou por correo electrónico a info@ajeferrolterra.org

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s