#AxendaCultura do 27 ao 29 de outubro #ViveCultura #Festea #Apego #BillCallahan #RogerDeFlor #FacendoCidade

ROGER DE FLOR – 10º aniversario 
Venres 27 de outubro de 2017 – 20:30h – Entrada de balde con convite

Teatro Jofre
 Con motivo do seu décimo aniversario como Roger de Flor nos escenarios, o artista fenés fará unha retrospectiva da súa carreira con algunhas das súas cancións e adaptacións máis representativas, e con algún dos seus máis cercanos colaboradores na súa discografía.

Reparto de convites na billeteira do Teatro Jofre a partir do martes 24 de outubro ata completar aforo. Máximo 2 por persoa.

BILL CALLAHAN
Sábado, 28 outubro 2017 – 21:00h
18€ anticipada – 20€ billeteira

Auditorio
Comezou a súa carreira en formato low-fi baixo o nome de Smog, pero Bill Callahan (smog) é moito, moito máis. Auténtico trobador do son americano, elegante e certeiro, dentro da súa aura desvalida caben unha voz de barítono inconfundible e un talento letrista moi por encima do común. O próximo 28 de outubro estará no Auditorio de Ferrol para deleitar a propios e estraños repasando, entre outros, os grandes temas de “I have fun with God” o seu último traballo, dentro do Ciclo Son(s) Ferrol.

MITHOS – Festea

Domingo, 29 de outubro de 2017 – 12:30h
Entrada de balde con convite

Teatro Jofre

“Mithos” é unha creación orixinal sen palabras, construída nunha linguaxe clown, dirixida a todos os públicos con máis de 6 anos, cunha posta en escena de Joseph Collard, cofundador da compañía belga Les Funambules que integra o elenco do Cirque du Soleil de Nova York

APEGO OUTONO 2017

Domingo 29 outubro 2017 – 12:00h

Capela CC Torrente Ballester

Obradoiro con música en directo a cargo de Migallas Teatro que nos aprenderá ditos, xogos, contos, recitados e cancións infantís para xogarmos en familia.

Entrada de balde por orde chegada ata completar as prazas da Capela do C.C. Torrente Ballester. Abriranse as portas 30 min antes da hora prevista de comezo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s