Deporte con A e a necesaria reflexión sobre os teitos de cristal #DebatesFeC

Onte no local de Ferrol en Común nos #DebatesFeC sobre o “Deporte con A” que en realidade non foi máis que reflexionar sobre o mundo do deporte pero cunha perspectiva de xénero.

No debate xurdiron temas como os numerosos teitos de cristal que aínda a día de hoxe seguimos a enfrontar ás mulleres no eido público, específicamente no laboral e no deportivo.

Tamén o tema da maternidade que segue a ser un tema #tabú nesta sociedade , e que segue a ser un elemento que serve para discriminación das mulleres fronte aos homes. E por suposto das dobles e triples discriminacións que sufren as mulleres xa non polo feito de ser mulleres só, senón tamén por outros factores sociais ou culturais sobre todo dende a diversidade funcional.

Unha necesaria ollada para seguir traballando na construción dunha sociedade máis igualitaria e máis xusta.  Agradecemos ás rapazas do Star Center – Uni Ferrol María e Patricia, a xornalista deportiva Miriam Tembrás e a Dolores Sandá o seu aporte diferencial sobre este temática, e compartir con nós as súas experiencias.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s