31 Tapas para 10 días no #Tapéate Ferrol 2017 #FacendoCidade #TurismoFerrol

Récord de participantes nesta edición deste certame gastronómico que chega para animar o mes de novembro

Esta mediodía presentábase o concurso coa cata de 26 tapas por parte dun xurado especializado

Todas as tapas do 3 ao 12 de novembro a 2 euros nos establecementos inscritos e todas están a vosa disposición http://www.ferrol.es/tapeate/tapas.aspx

Tapéate 2017, o certame gastronómico de tapas mais agardado da cidade, regresa mañá as nosas rúas e bares para darlle calor a este outono e animar o mes de novembro, un mes que adoitaba ser tradicionalmente o mais frouxo para a hostalería.

Esta será unha edición de récord, será do 3 ao 12 de novembro, con 31 participantes inscritos, dos que 26 compiten tamén polo premio do xurado. Tapéate é un certame gastronómico organizado polo Concello de Ferrol, a través da Sociedade Mixta de Turismo, en colaboración da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Ferrol.

Na véspera do inicio, este mediodía, foi presentado o evento no Hotel Carrís por parte da xerente dos hostaleiros da cidade, Luisa Barro, e da xerente da empresa mixta de turismo, Marisa López, ao tempo que un xurado especializado -expertos en cuestións gastronómicas e propostos pola Asociación de Hostalería- integrado polo chef do restaurante As Garzas, de Malpica, Martina Vicente, coeditora da revista La Alacena Roja, e Manuel Bustabad, do blog El vagón de cola e colaborador de Expresso, facía a degustación das 26 tapas que se presentaron ao premio do xurado.

EDICIÓN CON RÉCORD DE INSCRITOS: 11 MAIS QUE NO 2016

Nesta edición participan 31 establecementos hostaleiros de A Magdalena, Pardo Baixo, Ferrol Vello, Esteiro, Rúa Nova de Caranza, Estrada de Catabois, -11 mais que na edición do 2016- que durante os vindeiros 10 días, ofrecerán unha tapa singular, orixinal e traballada, aos seus clientes a un prezo fixo de 2 euros por tapa.

Esta pode ser doce ou salgada, e a elaboración e os ingredientes libres, con prevalencia de produtos galegos.

O obxecto desta promoción dar a coñecer a riqueza gastronómica de Ferrol e as distintas propostas dos nosos establecementos entre os cidadáns e visitantes así como animar a actividade da cidade en tempada baixa.

PREMIOS TAPÉATE 2017 PARA AS MELLORES TAPAS E SORTEOS ENTRE OS VECIÑOS QUE AS DEGUSTEN

Haberá un premio do público por 300 euros (a tapa con mais votos do público), e tres premios do xurado por 500, 400 e 300 euros para as tres mellores tapas desta edición. O gañador do premio do xurado darase a coñecer ao mesmo tempo que o premio Tapéate do público.

Entre os veciños que participan como público de Tapéate e que recheen as fichas, sortearanse bonos turísticos por importe de 100 euros para o desfrute dunha actividade na comarca de Ferrolterra. Como mínimo, o bono ten que ter catro tapas seladas.

Os locais recibirán as urnas das votacións cun adhesivo coa imaxe de Tapéate Ferrol no momento da súa inscrición no concurso e distribuíranse os mapas con todos os establecementos e tarxetas para que os clientes voten a tapa favorita, que para ser válida, terá que contar cos cuños de outros catro mais.

TAPAS 2017
http://www.ferrol.es/tapeate/tapas.aspx


Mapa localización dos locais.

http://www.ferrol.es/absatlas/six_concello1/rueiro/rueiro.html?idTip=2586

7

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s