O voceiro do Grupo Municipal de FeC fai un chamamento a “Responsabilidade Colectiva” do Pleno na aprobación do levantamento da suspensión da taxa de sanemento

Esta mañá en rolda de prensa o voceiro do Grupo Municipal de FeC Álvaro Montes Celeiro e o concelleiro Suso Basterrechea anunciaron a necesidade de convocar este vindeiro venres o pleno extraordinario no que se levará como único punto da orde do día a declaración de dar por finalizada a suspensión da aplicación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por depuración de augas residuais.

Tal e como explicou o voceiro do GM de Ferrol en Común “é preciso facer un chamada a responsabilidade colectiva do pleno, dado que tal como establece a lexislación vixente é preciso establecemento dunha taxa dado que o saneamento é un feito impoñible” ademais engadiu que “ entedemos que é unha cuestión que trascende ao goberno da cidade, senón que é unha decisión que afectaría ao ben común”

Suso Basterrechea pola súa banda destacou que se chega a esta decisión de levantamento da suspensión da taxa anterior “logo de buscar acordos e presentar a pleno distintas propostas de taxa cun custe moito menor para a cidadanía” subliñando que “somos a única localidade da Comarca que non ten aprobada unha taxa para o pago deste servizo cumprindo ademais cunha débeda de décadas de retraso co sanemento da nosa ría”

Tal e como subliñaron tanto Álvaro Montes coma Suso Basterrechea “unha vez aprobado o levantamento da suspensión, está poderá ser revisable e axustarase ao custe do servizo” pero en todo caso “é preciso ese levantamento dado que é obrigado ter unha taxa para un servizo que agora sí se está a prestar dende abril”.

O voceiro do Grupo Municipal de FeC anunciou que “mañá teremos unha xuntanza ás 11.30 h da mañá co secretario, o interventor e os voceiros dos disitntos grupos municipais presentes no pleno, para explicar a consecuencias que poida ter a non aprobación da taxa” e engadiu “ que xa non para a paralización do saneamento, senón que ademais significaría unha disolución da empresa que sería imputable ao Concello de Ferrol”

Finalmente Suso Basterrechea lembrou que “foi aprobado no pleno con 13 votos a derrogación da taxa anterior; unha derrogación apoiada nos informes técnicos preceptivos e que sería unba mostra de coherencia e de responsabilidade apoiar o levantamente da suspensión pola necesidade de que o saneamento ten asociado o pago dunha taxa por un servizo que agora si se está a prestar” e que ademais este levantamento está apoiado en informes técnicos preceptivos”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s