Declaración Institucional do Concello de Ferrol co gallo do 25N Día Internacional Contra a Violencia de Xénero #QuerémonosVivas #FerrolEnNegro

Esta mañá no pleno extraordinario de novembro que tivo lugar ás 13.00 h a concelleira Saínza Ruíz deu lectura a Declaración Institucional do Día Contra a Violencia de Xénero. O equipo de goberno ademais luceu as camisetas da campaña en @ennegro co lema FERROL EN NEGRO. A declaración é a seguinte:

O 25 de novembro é un día de reafirmación do compromiso institucional pola erradicación dun problema social que funde as súas raíces na desigualdade entre mulleres e homes e que afecta a mulleres de todas as escalas sociais e latitudes: a violencia machista.

A violencia contra as mulleres é o crime encuberto mais frecuente do mundo segundo recoñece Nacións Unidas. Na IV Conferencia Mundial sobre as mulleres en Beijing, en 1995, recoñeceuse que a violencia exercida contra as mulleres é un atranco para a Igualdade, o desenvolvemento e a paz dos pobos, que impide que as mulleres gocen dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais.

É polo tanto, unha vulneración dos dereitos humanos e liberdades fundamentais mais grave. A súa erradicación e eliminación é un mandato normativo e debe ser tratada coa máxima prioridade nas axendas das distintas Administracións Públicas como garantes dos dereitos das mulleres.

A pesares de ser tan estendida, a violencia de xénero non é “natural” nen “inevitable”, é un fenómeno moi complexo, profundamente arraigado nas relacións de poder baseadas no xénero

En ningún outro delito a conduta do agresor recibe tantas xustificacións e tanta comprensión ; en ningún outro delito responsabilízase tan a miúdo á propia vítima.

Este é un comportamento moi estendido na nosa sociedade.

A sociedade actual da por suposta a igualdade na educación de nenos e a nenas, mais os datos apuntan a un incremento do acoso sexual por parte dos mozos na adolescencia, a unha maior violencia nas relacións de parella e a un descenso acusado na idade de interposición das denuncias cuxo pico sitúase actualmente no intervalo entre os 18 e 24 anos.

Grazas á loita de moitas persoas a prol da erradicación da violencia machista avanzamos colectivamente como sociedade na súa visibilización, un camiño en que tivo e ten un papel fundamental o traballo mobilizador, crítico e esixente de diferentes movementos de mulleres na Galiza e no mundo. Un traballo de visibilización e denuncia que dista aínda de ser colectivo e prioritario para toda a sociedade e para todas as axendas políticas. A diagnose da vixencia estrutural das violencias machistas contra as mulleres debe comprometer ás institucións a destinar maiores recursos económicos, humanos e materiais para tal fin. Transformar a sociedade reducindo a fortaleza do patriarcado e superar todas as manifestacións de desigualdade e violencia que sofren as mulleres, debe ser un obxectivo político de primeira orde.

A Corporación Municipal do Concello de Ferrol manifesta o seu firme rexeitamento ante calquera expresión de violencia contra as mulleres en todas as súas dimensións: física, psicolóxica, simbólica, económica, así como as distintas formas de sexismo, tanto as mais visibles, as macro, como as micro, mais invisibilizadas e normalizadas no cotián.

Reafirmamos que nos atopamos ante un problema estrutural polo que calquera estratexia para eliminar a violencia de xénero debe confrontar as crenzas culturais e as estruturas sociais que as perpetúan.

Por todo isto, o Concello de Ferrol DECLARA:

O firme compromiso de desenvolver no ámbito da súa competencia unha política activa, integral e coordinada a favor da igualdade de mulleres e homes e dos bos tratos.

Promover as estratexias necesarias para previr as agresións coa inclusión de mensaxes que poñan en valor o empoderamento das mulleres e o recoñecemento dunha sexualidade activa.

Desenrolar unha política municipal activa, integral e coordinada en favor da igualdade e contra a violencia cara as mulleres, con especial atención á violencia sufrida polas mulleres novas e adolescentes.

Apoiar e dotar adecuadamente os servizos municipais destinados á atención ás mulleres, impulsando que estes conten cós instrumentos necesarios para que poidan facer fronte, individual e colectivamente, á desigualdade, a vulnerabilidade e a violencia machista, fortalecendo os servizos de atención ás vítimas de violencia machista nas súas diferentes manifestacións, dando resposta adecuada ás necesidades inherentes a unha vida libre de violencia.

Comprometer o apoio da Corporación ás mobilizacións locais e nacionais que desenvolvan as organizacións feministas galegas contra a violencia machista os 365 días do ano.

Reiterar a tolerancia cero contra calquera acción violenta contra as mulleres independentemente de súa intensidade. Na desigualdade e violencia de xénero non hai graos, por iso é preciso facer un chamamento a toda a sociedade para que denuncien situacións de violencia de xénero, porque non podemos ser cómplices dos maltratadores co noso silencio.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s