Adhesión á Declaración de Sevilla: O Compromiso das cidades pola #Economía Circular #Sostenibilidade #DeclaracionDeSevilla #MedioAmbiente

No pleno ordinario que tivo lugar onte 30 de novembro de 2017, aprobouse por unanimidade a Adhesión de Concello de Ferrol á Declaración de Sevilla A Comisión Europea e o Parlamento Europeo aprobaron un paquete de iniciativas para construir unha Economía Circular en Europa. Con este obxectivo estase a desenvolver un novo paradigma de modelo económico que peche o círculo do deseño, a produción, o consumo e a xestión de residuos, xerando así unha Europa ecolóxica, circular e Competitiva.

Aínda que os problemas ambientais como a loita contra o cambio climático, o seu efecto sobre a biodiversidade e a crecente escaseza dps recursos esixen solucións globais que están principalmente baixo a responsabilidade dos gobernos nacionais, tamén deben ser unha importante preocupación para as cidades e poblos europeos. O desenvolvemento urbano sostible dende un enfoque integrado e as súas interrelacións co mundo rural, son un elemento fundamental para o desenvolvemento da innovación e a implementación de solucións para unha transformación correcta cara unha economía baixa en carbono e unha preservación dos nosos recursos naturais. Segundo Nacións Unidas, o 70% da poboación do planeta vivirá en cidades en 2050.

Unha economía circular, que transforme os nosos residuos en recursos, ofrece unha solución á crise ambiental que sufriremos co modelo económico de desenvolvemento lineal. Non podemos construir o noso futuro sobre o modelo de “colle, fabrica e tira”.

A economía circular favorece que o valor dos produtos e materiais dure máis tempo; os residuos e o uso dos recursos reduzanse ao mínimo, e os recursos conservense dentro da economía cando un produto chegou ao final da súa vida útil, co fin de que se poidan volver a empregar repetidamente e seguer xerando valor.

En setembro de 2015 a cidade de París fixo un chamamento ás “cidades europeas en favor dunha Economía Circular” que asinaron cidades como Ámsterdam, Bruxelas, Copenhague, Lisboa, Milán e Roma.

Por iso as cidades reunidas nesta Xornada sobre “Economía Circular: o Compromiso das Cidades” e é comprometida coa nosa sinatura :

  • Promover un modelo de desenvolvemento urbano sostible, inclusivo e resiliente, aumentando a demanda de actividades socioeconómicas xeradoras de bens e servizos medioambientais, o que se traducirá en emprego verde, e emprego social de maior calidade e valor engadido.

  • Impulsar e apoiar o chamamento “Cidades por unha Economía Circular” que realizou a cidade de París en 2015.

  • Resaltar o importante papel que teñen os Gobernos Locais nas accións do fomento e desenvolvemento dunha economía circular por ser a administración máis próxima e a qe mellor pode previr os impactos ambientais, en colaboración cos seus veciños e veciñas.

  • Incrementar os nosos esforzos por reducir os impactos ambientais, climáticos e sobre a saúde das persoas dos seus actuais modelos de desenvolvemento.

  • Subliñar as consecuencias positivas que unha mudanza de modelo cara unha economía circular suporía en termos de emisións de gases de efecto invernadeiro.

  • Solicitar o apoio político e económico da Unión Europea e dos seus Estados membros para o desenvolvemento de políticas locais en favor dunha economía circular, favorecendo o desenvolvemento de estratexias nacionais e rexionais e instrumentos de cooperación.

  • Desenvolver estratexias locais en favor da economía circular que favorezan o verquido cero, a reciclaxe (en especial dos bioresiduos), a redución dos reboutallos alimentarios, o fomento do ecodeseño, de prevención dos residuos, da reutilización e a reciclaxe da compra pública de produtos verdes.

  • Fomentar a cooperación entre administracións e desenvolver e compartir boa prácticas entre cidades, no marco do desenvolvemento das estratexias locais.

  • Involucar á Comunidade científica na investigación e desenvolvemento de programas de economía circular e no apoio e desenvolvemento das estratexias locais.

  • Fomentar os esquemas de gobernanza multinivel do territorio e mellorar a concienciación, sensibilización e participación das nosas veciñas e veciños nas accións locais de impulso dunha economía circular, transformando aos consumidores en usuarios responsables e reemprazando o sentido da propiedade do produto polo sentido do servizo prestado.

  • Potenciar os partenarios público- privados para favorecer alianzas entre os distintos actores involucrados do sector público, organizaciones da sociedade civil e o sector privado.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s