O acendido da iluminación deste Nadal 2017 será o martes 5 de decembro a partires das 18:00 na praza de Armas
A rúa Real, arteria peonil do barrio da Magdalena, contará con mais de 20 arcos de metacrilato fluorescente que reflicten a luz solar
Practicamente tamén rematou a montaxe dos elementos luminosos municipais que abordan a Praza de Armas, prazas, barrio e parroquias
O Concello de Ferrol acenderá o alumeado deste Nadal 2017 na tarde do martes 5 de decembro, na Praza de Armas, nun acto que presidirá o alcalde, Jorge Suárez, ao que está convidada toda a veciñanza e que terá lugar pasadas as 18:00, coa caída do sol, no momento no que se prende o alumeado público.
Este Nadal promete ser especial xa que Ferrol estrea motivos navideños lumínicos na decoración das súas rúas neste Nadal 2017, particularmente na rúa Real, como arteria peonil do barrio da Magdalena. Unha das grande novidades desta campaña vaise colocar, precisamente, nesta céntrica rúa comercial cunha decoración de metacrilato fluorescente que alumea na noite pero tamén decora no día, xa que reflicte a luz do sol e semella como se as arcadas estiveran acesas.
Outra das novidades, estará na Rúa Magdalena, con mais de 20 arcos con figuras de montañas nevadas en tonos azuis mentres que nas outras rúas se reparten motivos circulares, xeométricos e vexetais en distintas cores, moitos deles, novos e de estrea na nosa urbe.
O custe do alumeado contratado nesta campaña de Nadal é de 77.682,00 euros. Vai do 5 de decembro ao 7 de xaneiro do 2018, este último incluído ao tratarse dun festivo local e a desmontaxe principiará o luns 8. Os días sinalados, como 24, 25, 31 de decembro, e 1 e 5 e 6 de xaneiro, manterase o alumeado prendido un chisquiño mais alá da media noite. Todas as luces son de baixo consumo co ánimo de abaratar o custo e optimizar a súa eficiencia.
A decoración desta campaña de Nadal (decembro 2017-xaneiro 2018) inclúe algo mais de 200 arcadas (215) repartidas por todo o municipio -barrio de A Magdalena (117), Catabois (32), e Ultramar-Estrada de Castela e Rúa Nova de Caranza (67), unha trintena de motivos de farola, moitos deles novos e que se van a estrear na nosa cidade, ademais do teito de luces LED que se instalará na Praza de Amboaxe, xunto coas figuras tridimensionais que se colocan nos xardíns (renos, pínguenos, .. ) e que fan as delicias dos mais cativos.
Como melloras con respecto a pasada campaña, a empresa adxudicataria introduzo como melloras a colocación de 5 novos arcos transversais, 10 motivos de farola, decoración de árbores con fío luminoso e cinco figuras 3D.
Outro dos focos de atracción estará na Praza de España, cunha árbore de 14 metros de altura, coroada por unha estrela tridimensional con estela, e conxuntos florais en branco frío e branco cálido, decorando a praza e imitando as flores de Pascua.
Doutra banda, o Concello de Ferrol, co persoal propio de servizos, iniciou a primeiros de novembro a montaxe das luces de Nadal que son de propiedade municipal, que suman mais de 200 elementos. Entre eles, a cortina de fíos que decora a fachada do Pazo Municipal e o belén que se adoita colocar na Praza de Armas. Está previsto que a montaxe deste último fágase entre o luns 4 e o martes 5, en último lugar antes do momento do acendido.
Como nos anteriores anos, colocáronse tamén, dous adornos por parroquias na zona rural e asociacións de veciiños. No ámbito urbano, colocaránse motivos de Nadal nas prazas dos nosos barrios, desde Recimil a San Xoán, Ultramar e o Inferniño e tamén en Caranza.
Tendes toda a información no Perfil do Contratante.
http://www.ferrol.es/arquivos/documentos/contratacion/PPT%2017-34.pdf