Este Nadal unha morea de actividades na Biblioteca Municipal #Nadal2017 #Contacontos #Obradoiros #Maxia #Conferencias #Teatro #FacendoCidade

Contacontos para nenos, obradoiro de adornos para a árbores, mostra de ilusionismo, visitas de escolares, conferencias de ciencia, e como sempre, escritura, cine e teatro

  O concelleiro de Cultura e Universidade, Suso Basterrechea,  esta mañá indicou que logo duns días pechada por inventario, reabriron as súas portas as Bibliotecas municipais da Praza de España e de Caranza e cun completo programa de actividades para as vindeiras datas.

Concretamente na Biblioteca central, temos unha chea de actividades previstas polo nadal 2017, a maiores das que xa se velen celebrando habitualmente, desde obradoiros, a contacontos e proxeccións de cine.

Aquí van, coas datas e horarios previstas.

  • MARTES 12: Taller “Descubrindo o teatro” para adolescentes
  • MERCORES 13: Taller de Escritura para adulto
  • MERCORES 13: “Adornamos a Biblioteca”. Obradoiro de decoración da árbore do Nadal co obxectivo de difundir o fondo bibliográfico que a biblioteca posúe sobre o tema a tratar, desenrolar a imaxinación dos nenos e facer aos nenos partícipes da vida da súa biblioteca.

O prazo para anotarse, presencialmente ou por teléfono, abre este luns.          Igualmente, xa se poden retirar os convites desde as 14:00 horas para o            contacontos do venres, de Pablo Pablísimo, para nenos +3 anos.

  • XOVES 14: Ciclo “Imos contar ciencia” “Comer e gastar: todo é empezar”, conferenciante Miguel López Pérez. Conferencia sobre dietética e nutrición.
  • VENRES 15: Visita escolar con videoconferencia con Papá Noel. Execución de visitas escolares concertadas con diferentes centros de ensino da zona no que acudirán á biblioteca para coñecela e se fará unha actividade de animación á lectura relacionada con temas do nadal.
  • VENRES 15: Contacontos con Pablo Pablísimo. 18:00. Hai que retirar o convite antes, no mostrador da biblioteca.
  • LUNS 18: Creacción de centros de interés mediante seleccións bibliográficas de obras literarias que descubran novos aspectos do Nadal, que axuden a crear adornos persoais, descubrir novos platos,…
  • MARTES 19: Taller “Descubrindo o teatro” para adolescentes
  • MERCORES 20: Visita escolar especial nadal. Execución de visitas escolares concertadas con diferentes centros de ensino da zona no que acudirán á biblioteca para coñecela e se fará unha actividade de animación á lectura relacionada con temas do nadal.
  • MERCORES 20: Club de narrativa para adultos.
  • XOVES 21: Taller de Comunicación emocional para adolescentes
  • MERCORES 27: Club de lectura positiva
  • XOVES 28: Sesión de actividade de animación á lectura coincidente coas vacacións escolares que se adicará a lecturas relacionadas co nadal
  • MERCORES 3: Espectáculo de ilusionismo. PortaMáxica.
  • XOVES 4 DE XANEIRO: Sesión de actividade de animación á lectura coincidente coaS vacacións escolares que se adicará a lecturas relacionadas co nadal.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s