Ferrol e Narón estudarán a proposta de Convenio achegada esta tarde por Augas de Galicia #Convenio #AugasDeGalicia #Ferrol #Narón

Malia que chega con moito retraso sobre o comprometido polo ente autonómico, recollería as achegas das dúas administracións locais. Será estudado polos rexedores e consultado cos servizos xurídicos respectivos.

Os alcaldes de Narón e Ferrol, Marián Ferreiro e Jorge Suárez, mantiveron esta tarde unha reunión con Augas de Galicia no edificio Administrativo da Xunta na Coruña -a instancias da petición formulada por escrito a pasada semana por parte dos dous rexedores de manter unha xuntanza urxente- para procurar unha solución ao conflito do saneamento.

No transcurso do encontro o organismo autonómico plantexou a posibilidade de recoller nun acordo a tres bandas parte dos requerimentos especificos formulados polas dúas administracións locais, formulando unha proposta de convenio que agora se estudará desde ambos consistorios, coa máxima celeridade.

Os alcaldes lamentaron o feito de que esta nova proposta de Augas de Galicia “chegue cun importante retraso fronte ás previsións anunciadas na última xuntanza mantida entre as tres administracións”.  Comprometéronse a someter a documentación presentada hoxe aos pertinentes informes dos servizos xurídicos municipais á maior brevidade e insistiron no feito de que “a vontade de colaboración dos dous concellos para a colaboración do 70% e o 30% -Ferrol e Narón- continúa vixente”.

Suárez e Ferreiro urxen unha solución firme para garantir a viabilidade do saneamento ata que o servizo pase a ser mancomunado. A proposta do convenio, tal e como se indicou desde Augas de Galicia aos rexedores, contempla o remate da vixencia do acordo entre Ferrol e Augas o día 1 de agosto de 2018 e recolle, tamén, a demanda formulada para que calquera asunto relacionado coa xestión da depuradora e tamén do resto de infraestruturas a partir desa data esixa a participación e aprobación dun documento a tres bandas, entre Augas de Galicia e os dous concellos implicados, Narón e Ferrol.

Ao remate da reunión os dous rexedores locais subliñaron o feito de que Augas de Galicia “non pode eludir as súas responsabilidades nesta materia”, urxindo a este organismo a asumir e exercer as súas responsabilidades na materia na ría de Ferrol, a última de Galicia en contar cunha depuradora para tratar as augas negras e cuxos resultados a moi curto prazo xa se reflicten nas analíticas e na recalificación dos nosos bancos marisqueiros, fonte de emprego para 500 familias da zona.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s