Esta semana o Jofre repleto de #Música #Baile #Rock #Folk #CulturaFerrol #ViveCultura #FacendoCidade

GALA DE CLAUSURA MUNDO DANZA 2017/18
Mércores 20 decembro 2017 – 20:00h
Entrada de balde con invitación

Teatro Jofre

Na Asociación Cultural Mundo Danza, fundada no ano 1995 polo bailarín e coreógrafo ferrolán Jesus Quiroga, impártense diferentes técnicas como; danza clásica, danza contemporánea, flamenco, danza galega, danza de carácter…
Feliz Mundo Danza, é un espectáculo onde se celebra o Nadal, un espectáculo para todos os públicos.

 

CARLOS NÚÑEZ

Xoves 21 decembro 2017 – 21:00h – 19€ / 21€ / 23€

Teatro Jofre

Este ano, o mago das gaitas e as frautas traeranos sorpresas ao Teatro Jofre de Ferrol que nos irá descubrindo. Colaboracións con músicos que nos sorprenderán e faranos viaxar pola esencia da música celta a través de países como Irlanda, Escocia ou Bretaña.

Carlos Núñez está considerado internacionalmente como un músico extraordinario, dos mais serios e brillantes do mundo, pero tamén é un Artista con maiúsculas: o seu carisma, a súa enerxía, o seu espírito pioneiro fixérono moi popular, traspasando con fartura os límites habituais dos seus instrumentos.

 

Concerto Acústico Window Pane e Sandford Music Factory
Venres 22 de decembro 2017 – 21:30h
Entrada de balde con invitación

 

Teatro Jofre
Dous dos grupos máis importantes e con maior traxectoria do panorama rockeiro ferrolán, WINDOW PANE e SANDFORD MUSIC FACTORY, ofrecerán un concerto desposuído da electricidade e distorsión que adoita caracterizar a súa música, interpretando en formato acústico temas do seu repertorio habitual, baseado en composicións propias que demostran a calidade de ambas as bandas. Unha cita ineludible que ningún amante da boa música deberíase perder, e que demostrará a excelente forma na que se atopa o rock ferrolán

 

JOSELE SANTIAGO
Sábado 23 de decembro 2017 – 21:00h
Anticipada 8€ / Taquilla 12€

 

Teatro Jofre
O significativo non sempre acontece no primeiro plano. “Transilvania”, quinto álbum a nome do madrileño, é outra mostra do arroxo creativo dun músico sempre valeroso, acostumado a iluminar áreas con poucas horas de luz.

… Atopámonos ante un disco que preserva a esencia do autor, aínda que ofrece unha perspectiva diferente sobre a súa música, renovada e tonificante.
Un disco de rock, en calquera caso.
César Luquero

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s