O Concello de Ferrol acometerá obras no #Rural con cargo ao #POS+2018 por un importe dun millón de € #Rural #Infraestruturas #Beirarrúas #Recuperacion #FacendoCidade

A proposta do Goberno foi aprobada onte no pleno extraordinario co respaldo de todos os grupos e a abstención dos socialistas 

Entre outras intervencións, figura a ampliación do viario ao camposanto de Serantes, a reparación do paseo marítimo de Doniños, os aglomerados dos camiños en Brión e no Casal, beirrarúas e marquesinas nas estradas da Deputación

 Tamén figura a redacción dos proxectos para a construción da pasarela peonil de Santa Mariña, a ampliación da estrada de Pazos e a pista polideportiva de Mandiá, e as melloras dos cruces de peóns (fase IV) e nas instalacións polideportivas

O Concello de Ferrol, en pleno extraordinario, aprobou na sesión celebrada este luns destinar un millón de euros a unha serie de obras e melloras na zona rural do municipio con cargo ao POS+2018, da Deputación Provincial da Coruña. En total, o plan ascende  a 1.094.027,44 euros dos que 859037,55 corresponden a achega provincial e 234.989,89 son o aporte do Concello de Ferrol.

A proposta do Goberno, que antes do pleno foi abordada nunha comisión extraordinaria de Urbanismo, foi aprobada no pleno das 13:00 horas co respaldo de todos os grupos do arco municipal agás do PSOE, que se abstivo.

Este acordo plenario permite acometer unha serie de inversión necesarias e demandas no que o monto principal vai a investimentos na zona rural.

Achegamos o listado de proxectos aprobados:

  1. AGLOMERADO TRAMOS BRION LIÑARES MARTIN ESPIÑO, 214.527,07 €
  2. REPARACION DO PASEO MARITIMO DE DONIÑOS, 78.000,00 €
  3. AGLOMERADO CAMIÑO C-112 E AGLOMERADO DE TRAMOS DO CAMIÑO DO CASAL, 34.355,98
  4. REPARACIÓN E REPOSICIÓN DE MARQUESINAS DE AUTOBUS, 458,28 €
  5. REPARACIÓN DE BEIRARRUAS NAS ESTRADAS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA, 001,28 €
  6. PROXECTO AMPLIACIÓN DO VIARIO DE ACCESO AO CEMITERIO DE SERANTES, 227.433,86
  7. REDACCIÓN DE PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN, DO ESTUDO DE SEGURIDADE E SAÚDE, PARA A OBRA DE MELLORA DA ACCESIBILIDADE DOS CRUCES DE PEÓNS, FASE 4, 10164, EUROS
  8. REDACCIÓN DO PROXECTO DE EXECUCIÓN, DO ESTUDO DE SEGURIDADE E SAÚDE, PARA A OBRA DA NOVA CONEXIÓN PEONIL ENTRE OS BARRIOS DO ENSANCHE-A E SANTA MARIÑA. 9746,55 EUROS
  9. REDACCIÓN DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN, DO ESTUDO DE SEGURIDADE E SAÚDE, PARA A OBRA DE MELLORA DA ACCESIBILIDADE NOS EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS E DOCENTES DO CONCELLO DE FERROL, 5324 EUROS.
  10. REDACCIÓN DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCÍON, DO ESTUDO DE SEGURIDADE E SAÚDE, PARA CONSTRUCCIÓN DUNHA PISTA POLIDEPORTIVA EN MANDIÁ. 4840 EUROS,
  11. REDACCIÓN DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN, DO ESTUDO DE SEGURIDADE E SAÚDE, DA DIRECCIÓN DE OBRA, DA DIRECCIÓN DE EXECUCIÓN E A COORDINACIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE PARA A OBRA DE MELLORA DA ACCESIBILIDADE NO TRANSPORTE PÚBLICO DO CONCELLO DE FERROL, 1524,6
  12. REDACCIÓN DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN E ESTUDO DE SEGURIDADE E SAUDE DE AMPLIACIÓN DA ESTRADA DE PAZOS. 20.326,79

 

Doutra banda, e dentro do Plan Complementario do ano 2018 no que se inclúen os investimentos financeiramente sostibles -que a continuación se indican- , así como os  correspondentes proxectos ou pregos de prescricións técnicas, para a rehabilitación das cubertas de Recimil, nas rúas e bloques que se indican, ademais das melloras para implementar a seguridade viaria dos peóns na Avenida de Vigo, e repavimentación e mellora do carril bici na avenida de Esteiro, concretamente no tramo Angustias-Avda de Vigo, por un importe total de 648. 363,13 euros.

 

  1. REHABILITACIÓN DE CUBERTA. RÚA NARÓN 1-6.RECIMIL, 292.935,26
  2. REHABILITACIÓN DE CUBERTA. RÚA ARES 1-2. RECIMIL, 100.869,92
  3. MELLORAS SEGURIDADE PEONIL AVENIDA DE VIGO 108.756,78
  4. REPAVIMENTACIÓN E MELLORA DE CARRIL BICI NA AVDA DE ESTEIRO TRAMO ANGUSTIAS-AVDA VIGO, 91.234,3
  5. LOCAL ALVAREZ DE SOTOMAIOR Nº8 TI E MAIS EU TEATRO 54.566,8

  

XUNTA DE GOBERNO LOCAL 18.12.2017

No relativo a Xunta de Goberno Local deste luns, indicar que foi prorrogado o contrato da Xestión do servizo público mediante concesión denominado Servizo de xestión e mantemento do sistema de bicicletas de uso público dos Concellos de Ferrol e Narón.

Tamén foron aprobadas dúas relacións de facturas por distintos servizos prestados ao Concello por importe de 33.765,95 euros a primeira e 286.233,44 euros a segunda, entre as que figuran servizos como o transporte de actividades escolares, a campaña Ferrol en Negro.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s