THE FUNKLES
The Funkles recrean o repertorio do mítico conxunto de Liverpool dunha maneira inédita, a través de novas interpretacións baseadas en arranxos funk e soul mostrando as cancións de sempre dunha forma diferente, fresca e enriquecida co selo persoal dos seis grandes músicos que compoñen o grupo. A pesar de levar apenas un ano como banda, a súa traxectoria foi meteórica. Desde a súa estrea ofreceron múltiples concertos, gravaron o seu primeiro disco e a súa participación foi constante nos medios de comunicación prensa, radio, TV…
Tipo de espectáculo: Tributo a The Beatles en clave Funk y Soul.
MANOLO BACALHAU “SONDOBAR”

Que sería de nós se non puidésemos cantar…Cantamos no colo de crianzas, adolescentes e adultos nos xantares familiares, patróns, festas, viaxes, nas xuntanzas de bar e taberna. Se cadra podemos ter a sensación de que cantar en grupo, de forma improvisada, vén resultar unha práctica que se está a perder. Destes e doutros c
ompases nace Sondobar, dun costume familiar, da necesidade da beleza sonora, da busca da harmonía social. Este concerto será a presentación dese testimonio grabado, con Manolo Bacalhau rodeado de amigos músicos, unha grande festa no palco.
Reparto de entradas na taquilla do Teatro Jofre a partir do mércores 3 de xaneiro ata completar aforo. Máximo 2 por persoa.
LUIS PIEDRAHITA, ‘Las Amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas’. AUDITORIO DE FERROL, 19:00 HORAS
As amígdalas
das miñas amígdalas son as miñas amígdalas é un show de Luís Piedrahita pensado para xente como vostede. Xente esixente, aseada e con sentido do humor. Somos tan modestos que preferimos falar ben de vostede antes que do noso show. Aínda así, non queremos ocultar que deste espectáculo díxose que é unha das obras máis enxeñosas, brillantes e poéticas do século XXI.