O Concello de Ferrol pon en marcha #FerrolEmpregoXuvenil con cinco itinerarios formativos para mellorar a empregabilidade da mocidade #Emprego #Mocidade #GarantíaXuvenil #FacendoCidade

Os requisitos son ter de 16 a 29 anos, estar empadroado no municipio e figurar inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

O prazo para anotarse vai do 29 de xaneiro ao 28 de febreiro e os cinco itinerarios: atención sociosanitaria, cociña e restauración, peixería, carnicería e almacén desenvolveranse ate novembro 2018

O concelleiro de Emprego e Promoción Económica, Álvaro Montes, deu a coñecer hoxe en rolda de prensa o inicio, en breve, do programa Ferrol Emprego Xuvenil, que bota a andar con cinco itinerarios formativos para 75 mozos e moxas de 16 a 29 anos, empadroadas no municipio, a partires dunha subvención que acadou o Concello de Ferrol do Fondo Social Europeo.

 

“É un programa de emprego do Concello de Ferrol ao abeiro dunha subvención europea para promover a empregabilidade e as oportunidades da xente nova do noso municipio con cinco itinerarios formativos que van desde a atención sociosanitaria até a cociña e restauración, pasando polo almacén e as especialización en peixería e cárnicos”, manifestou o Concelleiro.

 

¿Que é Ferrol Emprego Xuvenil? É un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, destinado a promover a empregabilidade das persoas novas do Concello de Ferrol, a través da combinación orientación e información laboral, itinerarios formativo profesionais e prácticas profesionais. Inclúe, tamén, actividades de prospección empresarial e intermediación laboral.

 

O custo total deste proxecto para a mellora da empregabilidade é de 402.431,69, do que 369.794,48 proceden da achega lograda do Fondo Social Europeo, que se completa co aporte de 32.637,21 de fondos municipais. O prazo para anotarse ábrese o luns 29 de xaneiro ate o 28 de febreiro.

 

Unha vez rematada a selección, que realizará a coordinación do programa e os tres titores contratados para o mesmo, iniciaranse os cursos que se prolongarán de marzo ate novembro do 2018.

 

Os obxectivos desde programa son:

  1. Mellorar a empregabilidade e a formación en competencias profesionais das persoas novas do Concello de Ferrol.
  2. Promover a integración das persoas novas no mercado de traballo, en sectores con

oportunidades de creación de emprego.

 

Destinarios/as e requisitos de acceso:

75 mozos e mozas de 16 a 29 anos, empadroadas no Concello de Ferrol, en situación de desemprego e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e non integrados en ningún sistema formativo ou educativo. Os curso vanse impartir no Centro de Emprego do Concello de Ferrol, na rúa Sagrada Familia, 56, Mais info en ferrolex@ferrol.es

O proxecto Ferrol Emprego Xuvenil, comprende cinco itinerarios formativos, que contarán cun máximo de 15 participantes en cada un, e que son:

  1. Persoal experto en Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio (680 h) Nivel 2.
  2. Auxiliar de cociña e restauración (605 horas) (Nivel 2)
  3. Especialista en preparación e venda de produtos cárnicos frescos (565 horas)
  4. Especialista en preparación e venda de peixes frescos (555 horas) (Nivel 2)
  1. Auxiliar de comercio, almacén e loxística (590 horas) (Nivel 1)

Nivel profesional dos itinerarios: NIVEL 2 (para xoves con estudos rematados de: ESO, competencias claves, ou acceso a ciclos formativos de nivel medio), agás o itineraio de Xestión de Almacén, que será de NIVEL 1 (para xoves que non teñan rematada a ESO).

 

Formación transversal e complementaria en: novas tecnoloxías, inglés, igualdade, manipulación de alimentos, prevención de riscos laborais.

  • Titorías e orientación e Prospección de empresas e intermediación laboral para a inserción: Contacto con empresas para prácticas, envío cv a empresa (autocandidaturas e ofertas concretas)

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s