Xa están publicadas as bases das convocatorias do #Entroido e da #FestadasPepitas2018

Xa se pode consultar no taboleiro de anuncios do Concello de Ferrol as bases das convocatorias do Entroido e a Festas das Pepitas.

Así por unha banda no caso do entroido as bases de Comparsas participantes no pasarrúas e da Gala de Entroido 2018 podense consultar na seguintes ligazón:  http://www.ferrol.gal/arquivos/documentos/comparsas2018/BASES-CONCURSO-COMPARSAS-2018.pdf

A festa do entroido terá lugar o luns 12 de febreiro de 2018 no centro da cidade e terán lugar as seguintes actividades:

1 Desfile de comparsas con saída dende a Praza de España, hora aproximada ás 18.00 h.

2 Gala do Entroido, Festival no que as comparsas desenvolverán a súa capacidade creativa nun escenario na Praza de Amboaxe. Hora aproximada ás 19.30 h.

Co obxectivo é  promover unha das festas tradicionais máis celebradas no noso Concello e recuperar unha das prácticas máis populares destas datas, o Concello de Ferrol convoca un concurso de comparsas e pasarrúas.

As comparsas participantes terán os seguintes premio en metálico e diploma:

1º Premio: 630 €

2º Premio: 620 €

3º Premio: 610 €

O resto das comparsas participantes recibirán 600 € cada unha. Para participar as comparsas terán que realizar a inscrición no desfile e na Gala do Entroido (un máximo de 15 comparsas) previa presentación da folla de inscrición (Anexo I e Anexo II) no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9.00 a 14.00 h de luns a venres.

Por outra banda tamén está aberta a convocatoria para a participación na Festa das Pepitas 2018 que se poden consultar as bases nesta ligazón: http://www.ferrol.gal/arquivos/documentos/cultura/pepitas2018/BASES-PARTICIPACION-PEPITAS%202018.pdf

Coa finalidade de que a festa musical do Día das Pepitas gañe en calidade cada ano o Comité
organizador terá a posibilidade de negar a participación dalgunha das agrupacións que, segundo o seu
criterio, non achegue o nivel musical axeitado. A folla de inscrición para participar nesta Festa das Pepitas 2018 vai xunto coas bases da convocatoria.

Establécese unha homenaxe as persoas das entidades do Concello de Ferrol, con vinte e cinco anos ou máis de dedicación á Festa das Pepitas. Para os efectos, o Comité organizador nomeará cada ano, despois de examinadas as propostas das agrupacións, as persoas homenaxeadas que, en ningún caso, superará un número de tres.

Como se trata de premiar os anos de dedicación á festa musical ferrolá por excelencia, podería darse o
caso de que os homenaxeados pertenzan todos á mesma entidade. As agrupacións convidadas percibirán 1.000.- € e as agrupacións locais (que son as que forman parte do comité organizador) 2.800.-€, polas súas actuacións na noite anterior ao Día das Pepitas.

Os requisitos a cumprir son:

1 Os /as compoñentes das agrupacións non poderán ter un número inferior a vinte e cinco.
2 Os seus compoñentes deberán vestir o traxe tradicional para esta festa (capa, camisa, lazo ou
semellante, bufanda e cintas ou escarapelas na capa)
3  A música das Pepitas ten un timbre característico que é o resultado que lle dá o conxunto dos
instrumentos de corda que acompañan ás voces dos (roldadores/roldadoras), guitarras, laúdes, mandolinas e bandurras. Co fin de que este timbre característico siga perdurando, as roldas participantes terán
necesariamente que estar configuradas con estes instrumentos, aínda que poderían complementarse con
outros de apoio, como violíns, frautas, acordeóns, etc.
4  As roldas interpretarán obrigatoriamente un pasacalles, un valse e una danza, que poderán ser obras
inéditas ou ben temas recuperados do antigo “Cancioneiro das Pepitas”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s