O galardón do “8 de marzo” lembrará ás mulleres do #Marzodo72 #8deMarzo #LoitaObreira #Mulleres

Esta mañá a concelleira de Muller Saínza Ruíz, logo da Comisión informativa ordinaria de Benestar Social, Igualdade, Muller e Mocidade,  deu conta da proposta (xa se debatera previamente no Consello Sectorial da Muller) do nomeamento ao galardón do “8 de Marzo” do Concello de Ferrol ás mulleres do Marzo do 72.

Será, por primeira vez, un premio coral, a un colectivo a un movemento, nun intento de facer xustiza coa labor das mulleres, tantas-moitas, que estiveron ao pé da rúa na defensa das liberdades e que quedaron solapadas ou diluídas por unha narración masculina da historia.
 

“A historia da nosa cidade, mesmo en marzo do 72, sempre foi contada desde o punto de vista dos homes. Coidamos que chegara o momento de poñernos as gafas da igualdade e por fin, recoñecer a todas as mulleres que foron imprescindibles no marzo do 72 para acadar os dereitos fundamentais”, manifestou a concelleiro de Benestar Social e Muller, Saínza Ruiz.

 

“Son mulleres que teñen cara e nome, e que no pasado sempre se falou que podían ser unha opción pero nunca se concretou un recoñecemento que, agora sí, será real e xusto como merecen”

A gala celebrarase o 7 de marzo, no Teatro Jofre,  para respectar o dereito a folga feminista convocada o 8 de marzo.

 

Doutra banda, na Comisión deuse conta da proposta de bases para subvencións destinadas a asociacións xuvenís e grupos informais para a realización de proxectos de interese xuvenil para a Casa da Xuventude.

En total, son 10.000 euros, cunha achega máxima de 2.000 por entidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s