O Goberno Local insta a Fomento a asinar o #Convenio para executar a reforma das Pías #CohesiónBarrios #FacendoCidade #AsPías

Trátase dunha obra nuclear para harmonizar e cohesionar os barrios da cidade: Caranza, Bertón, Ensanche e Recimil

O alcalde remitiu esta semana unha carta a Fomento urxindo a sinatura e execución do proxecto que xa foi publicado no BOE

A concelleira de Urbanismo, María Fernández Lemos, lembra que a cidade leva anos agardando para coser esta brecha e humanizar o seu acceso principal

O Goberno de Ferrol ven de instar ao Ministerio de Fomento a urxir a sinatura e execución do Proxecto de Trazado: Remodelación de enlace. Conexión de Caranza y o Bertón. Estrada FE-14 T.M. Ferrol, que foi publicado no BOE este luns 5 de febreiro.

O alcalde, Jorge Suárez, remitiu esta semana unha carta dirixida ao Ministerio de Fomento no que insta ao departamento que encabeza Íñigo de la Senra, ao “inicio de dos trámites oportunos para a sinatura do mesmo no prazo máis breve posible; con especial mención no referido a FE-14, dado que foi aprobado o proxecto de trazado e deberá asinarse este convenio previamente a licitación da execución da obra”.

No verán do ano 2015, o actual Goberno mantivo unha xuntanza con te´cnicos de Fomento e cos responsables da empresa adxudicataria da redacción do proxecto para revisalo, adaptalo aos cambios normativos e actualizalo.

Xa na segunda metade do ano 2015, o proxecto ficaba revisado. Mesmo contou con partida orzamentaria para a súa execución nos orzamentos xerais do Estado. Tal vez, esta demora excesiva nunha obra vital para a nosa cidade, responda a que o Goberno de Madrid entende que non é o tempo político axeitado para executala e lograr réditos electorais porque non hai outra explicación para o atraso dunha actuación que xa contaba co proxecto completo”, manifestaba hoxe a concelleira de Urbanismo, ao remate da comisión informativa ordinaria.

Lemos insta a Fomento a asinar o convenio no prazo mais breve posible para iniciar os traballos para coser esta brecha no urbanismo da cidade e humanizar un dos seus accesos principais para o tráfico rodado.

BREVE CRONOLOXÍA:

2010 O ministro de Fomento, José Blanco, asina un protocolo co alcalde Vicente Irisarri para executar proxectos en varias estradas de Ferrol, entre as que figura a FE-14 (As Pías) e F-11 (Trincheira) con la FE-14 (rúa Nova de Caranza).

2015 Febreiro. A titular do Ministerio de Fomento, Ana Pastor, anunciaba en Ferrol o investimento para a reforma das Pías, como vía de acceso a cidade naval.

Marzo . O pleno do aproba o convenio que resposta ao protocolo asinado no 2010.

Xa no verán do 2015, o actual Goberno mantén xuntanzas cos técnicos de Fomento e cos redactores do proxecto, para revisar e adaptalo a normativa en cuestións de iluminación e accesibilidade. Neste mesmo ano, o proxecto fica redactado e listo, incorporando as alegacións e unicamente

2016 Aprobase o trazado da FASE I. O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, reúnese o 20 de abril coa ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, e reitera a necesidade de executar este proxecto. Volta a reclamalo por escrito unha vez mais ese ano.

2017 Marzo. Logo de dúas novas xuntanzas, unha de corte técnico e outra política co Secretario de Estado de Infraestruturas, reiterase esta petición e remítese un borrador do convenio, no que se incluía a Estrada da Trinchera, de acordo cos técnicos de Fomento.

2018 A derradeira reiteración remitida a Fomento desde o Goberno local está datada o 15 de xaneiro. O 18 de xaneiro o Secretario de Estado aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto do trazado. O 5 de febreiro, o BOE publica o proxecto.

http://www.boe.es/boe/dias/2018/02/05/pdfs/BOE-B-2018-6867.pdf

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s