TRES ESCENARIOS PARA VIVIR O #ENTROIDOFERROL2018

15 comparsas da comarca e tres grupos participan o luns no desfile desde a praza de España ata Amboaxe, onde terá lugar o Festival

Unha das novidades é o Sábado de Mascaritas na Estrada de Catabois, coa presentación no noso trasno do Entroido desde as 18

O luns 12 teremos o gran festival de Entroido en Amboaxe (19:30) con reparto de sete mil filloas feita ao vivo e verbena noctámbula

O barrio de Ultramar enterrará a sardiña o venres 16 con festival infantil, pasarrúas, festival e animación musical baixo carpa

 Con moita forza e azos renovados está a piques de desembarcar o Entroido 2018 na nosa cidade, confirmando o seu rexurdimento logo duns anos, se cadra, algo desdibuxado sen o protagonismo e a ledicia que esta festa e a nosa cidade merece.

Un total de 15 comparsas, da cidade e de toda a comarca, están inscritas para participar no gran festival de Ferrol que se vai celebrar o luns 12 desde as 19:30 horas na praza de Amboaxe, baixo carpa, para esquivar o frío e a posible choiva, e co reparto de 7.000 freixós feitas en vivo nunha das filloeiras mais grandes de Galicia.

Este ano 2018, repetimos record de comparsas da nosa comarca inscritas do Festival do Entroido de Ferrol, un total de 15 (o máximo que se permite) a que se lle suma, no desfile outro grupo xa que as bases da convocatoria non permiten engadir mais comparsas ao festival.

E logo do festival, verbena nocturna na praza como remate a un día de xolda e descaro que arranca o luns 12 as 18:00 horas, co tradicional desfile desde a praza de España, as percorrendo todo o centro da Magdalena con música, disfraces ocorrentes e diversión.

O concelleiro de Cultura e Festas, Suso Basterrecha, presentaba este mediodía en rolda de prensa o programa de actos deste Entroido 2018, acompañado polos representantes da AVV de Ultramar e de ECHO Catabois. O concelleiro amosaba a súa satisfacción porque logo dun traballo intenso de meses e de moitas xuntanzas, logrouse a implicación de todas as comparsas e mesmo se reactivaron as propias da cidade xa que 5 das 15 inscritas, son de Ferrol, onde practicamente esmoreceran nestes últimos anos.

Tratamos de darlle un forte pulo a unha festa que nos últimos anos, non estaba forte. E cada ano tratamos de incorporar novos aspectos polo que este 2018 contamos con tres escenarios: A Magdalena, Catabois e Ultramar”, manifestou o concelleiro.

Unha das grades novidades desta edición e que se suma ao programa tradicional, o Sábado de Mascaritas, que terá lugar este sábado 10 na Estrada de Catabois desde as 18:00 horas coa presentación de ‘Echito’, o trasno do Entroido ferrolá que iniciará as súas trasnadas coa caída do sol nun dos primeiros establecementos hostaleiros da Estrada de Catabois, os mais próximos a estación de servizo, para ir avanzando pola vía achegándose a Porta de Neira.

Lembrade, tamén, que o Martes 13 de Entroido será festivo local, un ano mais, por acordo plenario. Ese día terá lugar, na Praza de Amboaxe, o Festival Infantil que principia as 17:00 horas.

A recta final do Entroido 2018 farase, como sempre, no barrio de Ultramar o venres 16.

A festa volverá a ter os nenos como protagonistas nesta xornada co Festival Infantil de Ultramar as 17 , o pasarrúas (20:15) e festival de comparsas na Praza e queima da sardiña a partires das 21:00 horas e animación musical nocturna e baixo carpa.

LISTADO DE COMPARSAS E GRUPOS ENTROIDO 2018

(Están na orde na que entrou a solicitude no Rexistro Municipal)

As Xoaniñas de Chao (NARON)
Os Trastos (VALDOVIÑO)
Vide Vindo (NARON)
Troupele Troupele (Narón)
Colexio Belén (Ferrol)
Os Argalleiros (Narón)
ENTROIDEIROS DO COLEXIO DE PAZOS
A.A. A Canteira (NEDA)
Semente Trasancos (Narón)
Os Colludos (NARON)
Os Parrandolos (NARÓN)
OJE FERROL (FERROL)
OS SCRATCHADOS (FENE)
A Revolta (Ferrol)
AUTOS PICHÓN

GRUPOS

Paso a Paso, Fene
Os Tiquismiquis, Neda
O Rei do Entroido, Ferrol
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s