O Concello de Ferrol entregará este venres os premios do Iº Concurso da Mascota dos Camiños Escolares Seguros #Mobilidade #Segurín #Premios


O debuxo gañador foi ‘Segurín’, obra dunha alumna de Primaria do colexio Ludy que será a imaxe e a mascota deste programa que progresivamente irá marcando rutas escolares seguras para camiñar ao cole fomentando a autonomía e os hábitos de vida saúdables

Este venres 16, as 18:00 horas, na Capela do Centro Torrente Ballester, imos proceder a entrega dos premios do I concurso escolar de debuxo ‘Camiños Escolares Seguros’, que nos serviu para escoller a mascota deste programa  no que traballa o Goberno local de Ferrol, coa vontade e o ánimo de implantalos progresivamente no municipio.

No certamen, aberto a todos os centros de ensino en Educación Primaria, participaron dez colexios públicos e concertados, aos que agradecemos particularmente a súa implicación na educación viaria dos escolares. Foron os colexios: Mercedarias, Tirso, Ludy, CEIP Isaac Peral, Esteiro, Belén, La Salle e Lestonnac. Cada centro remitiu ao Concello as tres mellores propostas para a selección final.


No mes de decembro, e reunido o xurado, foi escollido en primeiro lugar como gañador e imaxe da campaña,

1. ‘Segurín’, o traballo  de Juliana Pucuna Cuadrado, alumna de 2 de Primaria do colexio Ludy. 
Levará como premio un caderno gráfico.

 

O xurado escolleu, ademais, como salientables estes dous traballos  premiados cun accésit e con candaseu Ebook:

2. Rotondina, de Sara Alonso Sandomingo, do colexio Lestonnac e,

3. ‘Chupi’, de Alejandra Gálvez Xusta, de La Salle.

Os Camiños Escolares Seguros é un ambicioso proxecto do Goberno local, que implica as áreas de Alcaldía, Urbanismo e Mobilidade, Educación, Seguridade e Tráfico.  Ten por obxectivo ir marcando e avanzando na implementación de rutas escolares seguras para que os nenos e nenas -de xeito acorde a súa idade- poidan acudir camiñando aos centros, fomentando hábitos de vida saudable e a súa autonomía persoal.

Ademais do concurso escolar de debuxo, que foi a parte mais lúdica e vistosa, este programa foi por todos os centros realizando unha serie de charlas específicas sobre a seguridade viaria e os obxectivos do proprama no que se implicaron persoalmente tanto a concelleira de Urbanismo e Mobilidade, María Fernández Lemos, como a persoa desginada pola Policía Local para desenvolver estas accións que tiveron moi boa acollida entre os centros participantes.



Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s