Volve o intimismo e agarimo musical do Ciclo “Son Aloumiños” con artistas de recoñecida fama internacional

Vinicio Capossela, Loch Lomond, Nat Simons, Castello Branco serán os protagonistas de Son Aloumiños 2018

Manteñen o mesmo espírito íntimo e agarimoso do ano pasado pero dan o salto ao escenario do teatro Jofre e pasan das noites do mércores ao sábado coas entradas de 8 a 10 euros

Aloumiño: xesto ou aceno cariñoso que se lle fai a alguén co propósito de contentalo ou facelo feliz. Volta o ciclo Son Aloumiños, unha das pequenas xoias mimadas da Concellería de Cultura que regresa este 2018 a Ferrol, con novos azos e un cartelazo que procura manter a mesma esencia que se buscaba no 2017, concertos especiais,, íntimos e intimistas.

Son dous, fundamentalmente, os cambios substanciais desta edición nos que os concertos do ciclo dan o salto desde a capela do Torrente Ballester ao Teatro Jofre e pasan das noites dos mércores ao sábado, buscando repetir e amplificar o éxito que xa acadaran na súa primeira edición.

Vinicio Capossela, Loch Lomond, Nat Simons, Castello Branco serán os protagonistas deste edición o do Son Aloumiños 2018, moitas horas rebuscando entre artistas de todo o mundo co obxectivo de atopar aqueles que, aínda non sendo moi coñecidos, foran os candidatos perfectos para ofrecerlle ao público nunha serie de concertos de pop, americana e música de raíces que non esquecerán na súa vida. Uns espectáculos moi seleccionados no que a calidade é o que prima.

Nesta segunda edición, participarán artistas procedentes dos Estados Unidos, Brasil, Italia, Reino Unido e por primeira vez: Madrid. Todos eles en formato acústico e reducido que axudan a crear esa atmosfera cálida e íntima que este ciclo precisa.

LOCH LOMOND. (USA) Sábado 31/03/2018. Ferrol. Teatro Jofre. 21:00h. Entrada adiantada: dende 8 euros. Billeteira: 10 euros. www.ataquilla.com

Loch Lomond é un proxecto colectivo con base en Portland, Oregon, á fronte do cal atopamos a Ritchie Young.

Portland é unha cidade con multitude de músicos talentosos, iso algo que non vamos descubrir a ninguén. En Portldan, ademais, o sentimento de colectividade e o intercambio de ideaspálpase no ambiente e é evidente cando repasas todo o que vén desde alí. Loch Lomond é un proxecto colectivo á fronte do cal atopamos a Ritchie Young. Pop de cámara, harmonías vocales prodixiosas e arreglos preciosistas son marca da casa.

Young iniciou o seu proxecto Loch Lomond con amigos que foron variando co tempo, para ir dando forma aos cinco álbumes da súa carreira. O último con claras referencias a Europa: “Pens from Spain” (Hush Records). Neste disco bebe de innumerabeis referencias, desde os seus paisanos The Decemberists a Mercury Rev.

Loch Lomond segue o ronsel de proxectos que están cómodos nos contrastes, que transitan os límites do pop e que poñen todo ao servizo das cancións sen importar os instrumentos nin os medios que se utilicen. Loch Lomond soan clásicos pero, á vez, irremediablemente modernos.

VINICIO CAPOSSELA. (ITALIA) Sábado 21/04/2018. Ferrol. Teatro Jofre. 21:00h. Entrada adiantada: dende 8 euros. Billeteira: 10 euros. www.ataquilla.com

Vinicio Capossela é poeta, escritor, músico e home-espectáculo: o músico máis intelixente e excéntrico de Italia.

É italiano, pero naceu en Hannover fillo de pais orixinarios de Irpinia, ao sur de Italia. Vinicio Capossela é un cantautor, compositor e multiinstrumentista recoñecido tanto no seu país como no estranxeiro; e o musical non é o único talento dun artista que tamén é poeta, escritor e -segundo como- ilusionista e home espectáculo.

Non é casualidade que, no seu momento, The New York Times considerárao o músico máis intelixente e máis excéntrico de toda Italia. El mesmo defínese como  un “entertainer pantasmagórico” que nos primeros tempos da súa carreira traballou no teatro e que tamén fixo incursións no xénero televisivo.

A literatura (de Melville a Céline e de Dante a Homero) foi unha das grandes fontes de inspiración deste artista case renacentista con conexións co cine e a radio. Amante das músicas de raíz e dos sons de sempre, dedicou un disco, “Rebetiko Gymnastas”, a este estilo musical grego e, en 2013, ata produciu e liderou unha xira da Banda della Posta, un grupo de músicos de idade avanzada de Irpinia dedicados á música nupcial.

Agora dedica o seu último traballo, “Canzoni della cupa”, á terra dos seus pais. É un traballo dobre formado polos discos “Polvere” e “Ombra”. No primeiro mergúllase na tradición musical do sur de Italia e penetra nun mundo folclórico, rural, mítico e mitolóxico; no segundo protagoniza unha experiencia de folk global na que colaborou con artistas que van dos míticos Calexico a Flaco Jiménez.

CASTELLO BRANCO (BRASIL) Sábado 05/05/2018. Ferrol. Teatro Jofre. 21:00h. Entrada adiantada: dende 8 euros. Billeteira: 10 euros. www.ataquilla.com

O brasileiro Castello Branco presenta o seu segundo traballo “Sintoma”, que o sitúa ben alto entre os novos talentos do país carioca.

Castello Branco é un dos maiores talentos da súa xeración en Brasil. Coa lección ben aprendida na música tradicional brasileira e aportando a dose adecuada de curiosidade e espiritualidade, Branco asinou un disco de debut, “Serviço” que deixaba a un sen respiración desde a primeira escoita. Regresa cun novo disco debaixo do brazo “Sintoma”, que segue o ronsel do seu anterior traballo e que o converte nunha realidade dentro da nova escena no seu país. Castello Branco non disimula as súas raíces, pero sabe vestilas de xeito adecuado para non soar a algo xa escoitado algún día. Hai moita beleza nas súas composicións, moitos pequenos detalles en cada rincón que converten as súas cancións en instantes cheos de felicidade e nostalxia. Branco ten unha facilidade aplastante para encadear melodías en texturas delicadas e  con ese toque que só os músicos brasileiros saben aportar ás súas composicións. Hai ritmo e hai dozura, hai guitarras de veludo coma se Joao Gilberto se apropiara das seis cordas, hai voces que acariñan e hai saudade e alegría. Un gran descubrimento!

NAT SIMONS (MADRID) Sábado 02/06/2018. Ferrol. Teatro Jofre. 21:00h. Entrada adiantada: dende 8 euros. Billeteira: 10 euros. www.ataquilla.com

Nat Simons será a primeira artista española en participar no ciclo Son Aloumiños. A calidade da súa proposta artística fai que sexa merecedora de participar nun ciclo tan singular.

Nat Simons publica o seu segundo álbum “Lights” baixo a produción de Gary Louris  (The Jayhawks). Nat Simons brilla con luz propia e foi tal o descubrimento, que será a primeira artista española en formar parte de Son Aloumiños. A calidade da súa proposta meréceo. En tan só dous anos Nat Simons converteuse na maior referencia da Americana music feita en España. O seu estilo único e o seu directo son unha viaxe entre o folk acústico e o rock potente e conmovedor. Para Louris, “Nat Simons ofrece frandes cancións melódicas; as letras son boas e os seus arranxos están todos intelixentemente ordenados… e a súa forma de cantar é incrible… “.

Pode haber polo menos dez diferentes estilos de música americana, pero ela escolle una pequeña parte de cada un deles de todos eles e consegue un estilo realmente único.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s