Ferrol recita a Rosalía no aniversario do seu nacemento #NormalizaciónLingüística #Rosaría #FacendoCidade

Co gallo do nacemento da poetisa galega mais universal un 24 de febreiro de 1837


O concelleiro de Normalización, Álvaro Montes, avanzaba que está dinámica se repetirá en datas sinaladas con outras personalidades destacadas da língua galega para dar a coñecer a súa obra e animar a lectura

Rosalía de Castro será a protagonista, na mañá do sábado 24, dun acto de dinamización poética no mercado municipal da Magdalena co gallo do aniversario do seu nacemento, en 1837. Dúas ‘Rosalías’, Lucía veiga e Marita Martínez, ocuparanse de dar a coñcer o verbo poética dunha poetisa universal para animar a “ler a Rosalía en todas as ocasións”.



O concelleiro de Normalización Lingüística, Álvaro Montes, daba a coñecer esta mañana en rolda de prensa o contido desta iniciativa que comeza o sábado con Rosalía do mercado da Magdalena pero que terá continuidade con outras personalidades da língua galega en datas próximas para dar a coñecer e animar a lectura da súa obra.


“Rosalía é moderna e modenista, como o mercado. Nunca pasa de moda”, manifestaba Lucía Veiga, unha das dúas actrices que se caracterizarán para declamar os versos da poetisa galega.

Os clientes do mercado que se animen a participar desta iniciativa poética e a darlle voz a algúns versos das obras de Rosalía de Castro serán agasallados con marcapáxinas e  bolsas rosalianas co gallo deste aniversario.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s