Axenda Cultural do fin de semana #Música #Teatro #HoraDoBebé #CulturaFerrol

BIBLIOTECA MUNICIPAL

A Hora do bebé

23 de febreiro

18.00 h

Lembrade que, desde as 14:00 horas deste luns 19 de febreiro, ás 9.00 h, poderán inscribirse nesta nova sesión. A sesión contará coa presenza de Fátima Fernández. Esta actividade está destinada exclusivamente a nen@s de entre 24 e 36 meses e cada pequen@ deberá vir acompañado por un só adulto.

TEATRO JOFRE

MARTHYRIUM + OVAKNER

23 de febreiro de 2018

21.00 h

Prezo: 5€

Primeira ocasión na que o Teatro Jofre abrirá as súas portas para albergar o ritual de Marthyrium Ovakner. Dúas das bandas máis respresentativas do son máis extremo de Ferrolterra unen as súas forzas neste enmeigada notie de frío inverno. Noite negra, de escuros sons, destinada a quedar gravada nas memorias de todos aqueles que se congreguen no impío ritual.


Marthyrium é unha banda con casi 12 anos de traxectoria que traerá como ofrenda o seu disco “Beyond the Thresholds” (BlackSeed Productions), que viu a luz a mediados do ano pasado, tras un percorrido que os levou a viaxar a gran parte da xeografía estatal, ademáis de Portugal e Italia. Lume, morte, inmundos brebaxes e auténtica devoción ó negro culto. O Caos agarda e o devorará todo.

TEATRO JOFRE

XVIII Festival de Cantareiras
O SON DOS ANTERGOS


24 de febreiro 2018

20:00h
Entrada de balde con convite


A Agrupación Folklórica e Cultural TERRA MEIGA, ven de organizar o seu XVIII Festival de Cantareir@as O SON DOS ANTERGOS. O Festival nace con motivo das actividades do 25 Aniversario do Grupo no ano 1993, para mostrar unha das tradicións mais arraigadas do noso Folklore. Nesta edición temos tres maneiras distintas de entender o mundo das Cantareir@as, dende Carballo XOLDREIRA, dende Corcubión AS RINCHONAS, dende Ortigueira OS CARECOS, e o Grupo anfitrión Agrupación Folklórica e Cultura TERRA MEIGA.

Reparto de convites na billeteira do Teatro Jofre dende o martes 20 de febreiro ata completar aforo. Máximo 2 por persoa.

TEATRO JOFRE

Sones marineros2018Domingo 25 de febreiro 2018

17:30h
Entrada de balde con convite

O próximo día 25 de febreiro de 2018, chegará á nosa cidade o III Certamen de Bandas “Sones Marineros 2018” cun cartel de renombre en canto a formacións musicais, chegada de Viveiro a Banda de Ntra. Sra, da Misericordia, sendo unha das dúas formacións maís destacadas e de recente recoñecemento no panorama musical cofrade. Do veciño Concello de Narón chegarán os sons da Banda de Música Xove de Narón e para pechar o cartel a anfitriona, a Agrupación Musical Ntra. Sra. del Carmen de Ferrol. A Agrupación Musical Ntra. Sra. del Carmen de Ferrol realiza este acto con entrada gratuita coa que podes asistir para desfrutar da música cofrade nas datas próximas a unha nova Semana Santa.

Reparto de convites na billeteira do Teatro Jofre dende o martes 20 de febreiro ata completar aforo. Máximo 4 por persoa.

AUDITORIO

BANDA FERROLÁ DE MÚSICA
Domingo 25 de febreiro 2018 – 12:00h

Entrada de balde con convite

III Ciclo de Inverno – Primavera
Director: Narciso Pillo.

25 de febreiro: Música sinfónica

Reparto de convites na billeteira do Teatro Jofre dende o martes 20 de febreiro ata completar aforo. Máximo 2 por persoa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s