Esta fin de semana compiten en Ferrol 200 clubs de natación a #CopaAlevínNatación2018 #DeporteFerrol #Natación #FacendoCidade

O concelleiro de Deportes, Suso Basterrechea, deu hoxe os detalles dunha competición autonómica que organiza, por segundo ano consecutivo, o Club Natación Ferrol

Ferrol aporta 27 nadadores a este campionato, 16 de Natación Ferrol e outros 11 de Marina Ferrol

 Por segundo ano consecutivo, a piscina municipal de Caranza acolle a celebración da Copa Alevín de Natación, organizada polo Club Natación Ferrol e a FEGAN coa colaboración do Concello e que se disputa esta fin de semana, os días 24 e 25 de febreiro no CP (complexo deportivo) Javier Gómez Noya.

O concelleiro de Deportes, Suso Basterrechea, este mediodía en rolda de prensa daba a coñecer, polo miúdo, os detalles dunha competición que convirte a Ferrol na capital da natación galega en categoría alevín durante a fin de semana coa participación de preto de 200 nadadoras e nadadores galegos, mais mozas que rapaces, de 22 clubs do país.

Facíao acompañado de Victoria Jiménez, secretaria do Club Natación Ferrol a que agradecía o esforzo feito desde a entidade para acadar o éxito da pasada edición que, a bo seguro, que se repite nesta nova cita acuática. “Sitúa a Ferrol no mapa da natación e do deporte galego, cunha competición fermosa e, non podemos esquecer, que os 200 nadadores chegan a nosa cidade acompañados tamén, das súas familias e adestradores, nunha oportunidade de mostrar o potencial da nosa comarca”, manifestou o edil.

Basterrechea adiantaba que, ao remate desta competición -e a petición dos propios clubes que preferiron adialo a fin da Copa Alevín-, iniciaránse xa na semana vindeira as obras necesarias de reparación na piscina de Caranza. A titularidade deste espazo pasou, formal e definitivamente a mans do Concello desde a Xunta no ano 2016, un trámite que estivo pendente mais de 30 anos e que impedía, entre outras cousas, que o Concello acometera reparacións nun espazo que, administrativamente, non era municipal.

En concreto, son 192 nadadores inscritos na Copa Alevín 2018: 111 nenas e 81 nenos dos seguintes clubes: R. C. N. Vigo, C. N. Pavillón Ourense , C. Marina Ferrol, C. N. Coruña, Club do Mar, C. Fluvial de Lugo, A.D. Fogar, CN. Xove, A.D. Nautico de Narón, C. N. Ferrol, C. N. Rías Baixas, C. N. Riveira, C. N.Galaico, C. N. Redondela, C. N. Ponteareas, C. N. Arteixo, C. N. Portamiñá Lugo, C. N. Liceo, CDN Cidade de Santiago, C. N. Mos, C. N. Culleredo e C. N. Arzúa.

Nesta ocasión o Club Natación Ferrol participará cun total de 16 nadadores que obtiveron as marcas mínimas para facelo e os cales tentarán conseguir a mellor clasificación posible, mentres que o outro clube da cidade, e Marina Ferrol achega outros 11 competidores.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s