O goberno de Ferrol aproba os proxectos para reparar o carril bici de Caranza, a costa de Chamorro e os Camiños de Esmelle e Tralocastro, Marmadeiro, O Casal e Teixoeiras na Pega #Pos2017 #Rural #CarrilBici #FacendoCidade

Hoxe en rolda de prensa o alcalde Jorge Suárez deu conta  da relación de obras aprobadas na Xunta de Goberno Local, para reparar e acondicionar -aglomerados- os camiños de Marmadeiro do Piñon, O Casal e Teixoeras na Pega, Esmelle e da Pedra e Tralocastro, tamén na parroquia de Esmelle, a reparación e aglomerado na costa de Chamorro, así como a reparación do carril bici do paseo marítimo de Caranza.

Executáranse con cargo ao POS+2017. “Trátase de realizar as obras para amoldar a cidade ao que queremos construír”, salientaba hoxe o rexedor.
 

Logo da súa aprobación en XGL, o seguinte paso é a publicación dos mesmos no BOP para abrir o proceso de licitación. Adóitanse presentar do orde de 20 a 40 empresas, nalgúns casos, tal e como subliñaba hoxe Suárez.

 
RELACIÓN DOS PROXECTOS APROBADOS HOXE e ORZAMENTO DE LICITACIÓN:

1. Aglomerado de camiño de Marmadeiro b, camiño de Marmadeiro a, e aglomerado do camiño do Piñón. Orzamento de licitaci
ón: 44,406, 67 euros.

2.- Aglomerado de tramos do camiño do Casal e de Teixoeiras na Pega. 83.247,48 euros.

3. Aglomerado en Esmelle e tramo do camiño da Pedra en Tralocastro. 48.911,45 euros.

4.- Reparación e aglomerado na costa de Chamorro.  33.302,20 euros.

5.-
Reparación de carril bici do paseo marítimo de Caranza, 141.965,91 euros.

O alcalde, na rolda de prensa posterior a XGL, apuntou outros investimentos prioritarios que figuran no anexo de inversións dos orzamentos para o 2018 que, en breve, se lles dará traslado ao resto de grupos como a reurbanización da Praza de Armas, reforma do Mercado de Caraza, pasarela peonil de Santa Mariña, pista polideportiva de Mandía, rúa Carmen Curuxeiras ademais do cambio da cuberta e envolvente enerxética de 72 vivendas das rúas Dez de Marzal e Narón, no barrio de Recimi.

Por último, a XGl deste luns 26 tamén aprobou unha relación dunha vintena de factura por distintos servizos prestados ao Concello de Ferrol, nas diversas áreas, por un importe global de 120.209,10 euros. 
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s