Presentación das liñas de acción estratéxica do xeodestino Ferrolterra #Turismo #Mancomunidade #FacendoCidade

O pleno ordinario da Mancomunidade correspondente ao mes de febreiro tiña lugar onte, de xeito excepcional, no Antigo Hospicio de Amboaxe, onde a continuación,  se desenrolaba un acto público dirixido ao sector turístico a fin de presentar as liñas forza de acción, é dicir, o traballo feito no 2017 na promoción do Xeodestino Ferrolterra, desde a Mancomunidade e co apoio da Xunta e da Deputación provincial. 

Neste acto, interviñeron o deputado provincial e alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro,o delegado da Xunta, Ovidio Rodeiro e o Alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, como presidente da Mancomunidade de Concellos da Ría de Ferrol.

Ademais, e para dar conta das accións realizadas, participaron como ponentes Verónica Rodíguez Ruzo, de Promove, entidade coordinadora da execución do convenio entre a Mancomunidade e a Axencia Turismo de Galicia no ano 2017;  Ana Fojón, de Apartamentos Turísticos O Plantío, participante no proxecto Turismo Slow;  Jacobo Suárez Vilela, de Goodlife Consultores, na exposición feita no desenvolvemento do produto turísticode Surf “Costa das Ondas”; Fátima Cachefeiro Blanco, falando do diagnóstico e plan de Actuación do Turismo Activo no Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas elaborado coa colaboración da Deputación da Coruña e, ao peche, Luis Alcalá Baillie, o xerente da Mancomunidade.

Alcalá facía fincapé no convenio asinado coa Xunta de Galicia serviu para desenvolver os produtos turísticos do surf e o turismo slow, así como para promocionar os camiños de peregrinación con especial referencia ao Camiño a San Andrés de Teixido, entre outras accións, mentres que a subvención concedida pola Deputación centrouse na planificación e promoción do turismo activo, mediante un diagnóstico e a publicación dunha web e material promocional.

PLENO DA MANCOMUNIDADE 26.02.2018

Con respecto a orde do día do pleno, subliñar que hoxe deuse conta do informe de cumprimento de prazos do último trimestre de 2017, asi como da Carta de Accesibilidade para acadar e mellorar as opcións de turismo accesible de Galicia.

No pleno de febreiro tamén se deu conta das xestións feiras en deporte inclusivo, ao abeiro da Deputación, e valorouse solicitar novamente as subvencións e axudas da Consellería de Economía para a orientación laboral e para seguir afondando no cooperativismo social, así como as que pon a disposición dos municipios a Axencia de Turismo de Galicia para  favorecer a contratación dun informador turístico da Mancomunidade na tempada estival, que tería a súa base nun dos concellos que a conforman.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s