Benestar Social pon en marcha a Mesa de Coordinación de menores en colaboración cos CEIPs do municipio #Coordinación #BolsasComedor #Seguemento #FacendoCidade

Esta mediodía, na Sala de Reunións do Concello de Ferrol, tiña lugar a primeira xuntanza da Mesa de Coordinación de menores cos dez directores dos CEIP do municipio ao que asistían todos os centros convocados, agás a dirección de Pazos, por cuestión de axenda.

 

Estivo presidida pola concelleira de Benestar Social, Muller, Igualdade e Mocidade, Saínza Ruiz.

Ven seguindo o camiño doutras iniciativas similiares como a Mesa de Coordinación de Persoas sen Fogar, que tan bo resultado está a dar a nivel de coordinación de equipas, recursos e na detección de casos, para evitar duplicidades e mellorar na asistencia.

Nesta ocasión, e a iniciativa do Goberno de Ferrol, tratábase de abordar a coordinación nos casos nos que esten implicados menores e dos que, moitas veces, se teñe constancia en primeira instancia nos centros nos que están escolarizados.

Tras da reunión, a concelleira e os directores dos centros acordaron, entre outras, estas cuestións:

1. Facilitar, desde Benestar Social e ao inicio do curso escolar, unha listaxe dos menores que reciben atención dos servizos sociais e o contacto do técnico ao cargo, así como as variacións ao resto do curso.

2. Manter unha xuntanza trimestral cos traballadores sociais para facer o seguimento dos casos e contar cun listado de contacto para os casos urxentes e o procedemento a seguir na intervención coas familias que incurren en incumprimentos.

3. Comunicar aos centros escolares as resolucións das becas comedor ao inicio do curso, e por escrito, as familias solicitantes e beneficiarias. Facer o seguimento dos becados e da súa asistencia ao comedor escolar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s