O Goberno de Ferrol quere apostar pola fórmula de coche compartido para viaxes comúns como unha forma mais de favorecer a eficiencia ambiental, aforrando en emisión nocivas, aforrando tamén en cartos nos desprazamentos o no desgaste do propio vehículo, gañando en axilidade ao reducir o número de vehículos e no estacionamento.
Con este fin, vimos de recuperar unha iniciativa que arrancaba a finais do 2009, a través dunha aplicación específica que temos aloxada na nosa web ‘Compartes Coche’, a que vimos de darlle hoxe un novo empuxón e que xa está na portada na nosa web para favorecer a accesibilidade dos futuros usuarios.
Esta fórmula que podedes atopar na seguinte ligazón, permitirá poñer en contacto aos veciños de Ferrol para a realización de viaxes comúns. Como veredes, o funcionamento e ben sinxelo:
Hai que rexistrarse cun formulario básico (que preserva a intimidade dos datos mais persoais), no que se indica a data, o percorrido itinerario e as prazas dispoñibles. Os interesados nun traxecto concreto, poderán contactar de xeito privado coa persoa que publica a viaxe para poñerse en contacto e compartir para aforrar.
Aquí vai a aplicación ‘Compartes Coche’ do Concello de Ferrol
http://www.ferrol.es/compartescoche/
Como usar o servizo?
Se desexa poñer un anuncio para compartir coche, debe rexistrarse e cubrir os datos do traxecto.
Ao engadir o anuncio, non se mostrarán nada máis que o seu nome e o traxecto que comparte, ocultando os datos persoais e o correo electrónico. As persoas interesadas poderán poñerse en contacto con vostede a través da aplicación. A partir de ese momento é decisión vosa continuar a comunicación coa persoa interesada.
Por outro lado, se está interesado en compartir coche nunha viaxe existente, non é necesario rexistrarse e basta con seleccionar a viaxe da lista e cumprimentar o formulario cos seus datos e a solicitude chegará ao solicitante.
Para calqueira dúbida pode escribir a compartescoche@ferrol.es