Axenda cultural do fin de semana #HoraDoConte #Tricky #CineConcertos #MamáCabra #DomingosAEscena #CulturaFerrol

BIBLIOTECA CENTRAL

A HORA DO CONTO

Venres 2

18.00 h

Retirada convites no mostrador da Bibilioteca

Nova cita dentro de “A Hora do conto” con Raquel Queizás, dirixida a nenos/as a partir de 3 anos.

JOFRE

TRICKY
Venres 2

21:00h

15-16€ anticipada / 18€ billeteira

Icono do pop ameazante, Tricky (alias artístico do todopoderoso músico británico Adrian Thaws), chega a Son (s) Ferrol para presentar o seu novo disco, ‘ununiform’, publicado en setembro de 2017. Abrazar o cambio, continuar movéndose e mutando é o que mantén ao músico de Bristol vital como artista. Berlinés na súa xestación (salvo catro cortes nados en Moscú), ‘ununiform’ é, tal vez, o seu mergullo discográfico máis evidente na felicidade e no relaxo. O de alguén que acepta o seu legado e que está en paz co trip-hop. E, aínda así, incluso nas súas opacas e crípticas letras, pálpase o seu sentido da aventura, ese hipnotismo musical que non abandona.

CINECONCERTO

“The General!” con Gurugú Cinexin

Sábado 3 de marzo –

21:00h

8€ anticipada / 10€ billeteira

Os cineconcertos son unha atractiva proposta do Teatro Jofre onde o espectador poderá asisitir a proxeccións dalgún dos mellores títulos do patrimonio fílmico universal con música en directo de grandes compositores e intérpretes.  O sábado 3 de marzo no Teatro Jofre de Ferrol poderémos disfrutar do CineConcerto: “The General!” con Gurugú Cinexin.

Johnny Gray (Buster Keaton) é maquinista nun estado do Sur e ten dous grandes amores: unha moza (Anabelle Le) e unha locomotora (A Xeral). En 1861, ao estalar a Guerra de Secesión, Johnny intenta alistarse, pero o exército considera que será máis útil traballando na retaguardia. Con todo, Anabelle cre que é un cobarde e rexéitao. O maquinista só poderá demostrar o seu auténtico valor cando un comando nordista infiltrado nas liñas confederadas róubelle “A Xeral” e rapte a Anabelle. Johnny non dubidará un segundo en subirse a outra locomotora e perseguir aos yanquis para recuperar as súas dúas amadas.

MAMÁ CABRA

Eu cociño, ti cociñas? 
Domingo 4 marzo

12:00h
Entrada de balde con convite
É o segundo dos cinco espectáculos infantís de balde, moi coidados e con calidade, programados desde a Concellería de Cultura para as mañás dos domingos para a xente miúda da casa. Son de balde pero cómpre retirar

Eu cociño, ti cociñas? É o novo proxecto de Mamá Cabra que nace en colaboración cos centros educativos a través dunha proposta metodolóxica innovadora onde a cociña e a alimentación saudable se converten no medio perfecto para traballar diferentes aspectos curriculares e tamén, como non, para divertirse moito a través das cancións :) As músicas están feitas por Mamá Cabra e as letras, moitas delas, por María Canosa, escritora de literatura infantil e xuvenil nada en Cee e coñecida polas cativas e cativos.

Reparto de convites na billeteira do Teatro Jofre dende o martes 27 de febreiro ata completar aforo. Máximo 2 por persoa.

CENTRO CÍVICO

DOMINGOS A ESCENA (Ciclo de Teatro)

Os cornos son cousa de tres

Domingo 4 de marzo

19.00 h

Entrada de balde

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s