A Xunta de Goberno Local da pulo a restauración do Dique da Cabana #PromociónEconómica #Recuperación #DiqueDaCabana #GALP

A Xunta de Goberno Local celebrada na mañá de hoxe na Sala de Alcaldes do Pazo Municipal acordou a aprobación do expediente de contratación administrativa e convocatoria de licitación das Obras de restauración do Dique da Cabana e da súa contorna.

Trátase do único dique de mareas civil que se coñece en toda Europa, e moi posiblemente do mundo, e todo un símbolo do patrimonio histórico e marítimo do noso municipio. O importe de licitación aprobado hoxe na XGl é de 199.999,99 euros (Ive incluido) cun prazo de execución de 12 meses desde o día seguinte a sinatura da acta de replanteo.

O proxecto, tal e como informamos en novembreo do 2017, vaise restaurar a través dun proxecto presentado polo Concello de Ferrol ao abeiro dunha subvención da Consellería de Mar dentro do grupo GALP (Grupo de Acción Local Pesqueira) Golfo Ártabro Norte, na convocatoria 2017 para axudas a proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo, aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do FEMP.
Na mesma Xunta de Goberno,  hoxe aprobouse o expediente de contratación do servizo de xestión dos expedientes derivados do exercicio da potestade sancionadora do Concello de Ferrol, por dous anos cun orzamento de licitación de 264.660,00 imputable as anualidades de 2018, 2019 e 2020.

Tamén foi declarado deserto o servizo de vixilancia de protección das instalacións do CC Portanova e FIMO, ao que non concorreu ningunha empresa.

A XGL tamén aprobou unha relación de 14 facturas  de 107.865,76 euros por distintos servizos prestados a Administración local.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s