Axenda cultural do 5 ao 11 de marzo #Galardon8deMarzo #Teatro #BibliotecaViva #HoraDoBebé #AntónVarela #AnaMoura #FacendoCidade

BIBLIOTECA CENTRAL

Desde este luns, xa vos podedes anotar na Hora do Conto (A hora dos Bebés) na Biblioteca Municipal. Próxima sesión, este venres 9 as 18:00 horas para bebés de 12 a 24 meses acompañados dun adulto.

TEATRO JOFRE

X GALARDÓN DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES
Mércores 7 de marzo 2018 – 20:00h
Entrada de balde con convite


Será nunha gala inesquecible no Teatro Jofre de Ferrol na tarde do 7 de marzo ás 20:00 na que Sés porá a banda sonora ao recoñecemento ás mulleres de marzo do 72 con 11 premios “8 de marzo” do Concello de Ferrol.

Reparto de convites na billeteira do Teatro Jofre dende o venres 2 de marzo ata completar aforo. Máximo 2 por persoa. 

– CONVITES ESGOTADOS

A CABEZA DO DRAGÓN
Venres 9 de marzo 2018 – 20:30h – 8€

“A cabeza do dragón” foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha colección de farsas que, titulou irónicamente, “Tablado de marionetas para educación de príncipes”. A historia conta a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamén na nosa, a cultura europea.

Esta obra é o título do primeiro Valle-Inclán en galego e un dos acontecementos culturais do pasado 2017, que ven de acadar a semana pasada 7 nominacións nos Premios de Teatro María Casares que otorga anualmente a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. 

HOMENAXE A ANTÓN VARELA

Domingo 11 de marzo 2018 – 19:00h – 5€

Concerto homenaxe ao gaiteiro ANTÓN VARELA, “Tonecho”, no que participarán:

  • Os Cempés

  • Raparigos

  • Carlos Nuñez

  • Carlos Beceiro

  • Real Coro Toxos e Froles

XA ESTÁN A VENDA NA SEGUINTE LIGAZÓN:

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/teatro-jofre/8502–homenaxe-a-anton-varela.html

AUDITORIO

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA X ANIVERSARIO DE EXPONAV
Venres 9 de marzo 2018 – 20:30h
Entrada de balde con convite

PROGRAMA:

J. HAYDN

  • Sinfonía nº 25 en Do

  • Concerto para violonchelo e orquestra nº 1 en Do, Hob. VII B1

  • Sinfonía nº 45 en fa sostenido menor “Los Adioses”

JAMES DAHLGREN, director e concertino
PAULO GAIO LIMA, violonchelo

Reparto de convites na billeteira do Teatro Jofre dende o martes 6 de marzo ata completar aforo. Máximo 2 por persoa.

ANA MOURA


Sábado 10 de marzo 2018 – 21:00h
15€ anticipada – 18€ billeteira

ANA MOURA é a artista portuguesa cunha carrera más puxante na actualidade, con máis de 300.000 discos vendidos, máis dunha ducia de galardóns entre os que destacan dous Globos de Ouro, dos premois Amália e colaboracións con iconas da música como Prince, Rolling Stones, Caetano Veloso, Gilberto Gil ou Herbie Hancock. É máis, Ana Moura participou o pasado día 13 de outubro no Tributo a Prince en Minneapolis, a única homenaxe aprobada pola familia do cantante, con quen a fadista portuguesa mantiña unha especial relación, tanto humana como musical. Ademais dela participaron outras estrelas como Stevie Wonder.

Non hai outra voz no fado coma a de Ana Moura. Unha voz que se pasea pola tradición libremente, sen deixar de flirtear elegantemente con outros xéneros, e ampliando dunha forma foi persoal o espectro do fado. Pero o que a distingue non é só un timbre grave e sensual como hai poucos, Ana Moura transforma instantaneamente en fado calquera melodía á que presta a súa voz. É uha chispa inmediata, unha explosión emocional dirixida implacablemente ao corazón do ouvinte.

QUEDAN 86 ENTRADAS A VENDA. WEB OU BILLETEIRA DO TEATRO DO JOFRE.

E RECORDA…

DOMINGOS A ESCENA

Todos os domingos ás 19:00 horas

Entrada de balde

Centro Cívico de Caranza

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s