A Mancomunidade aposta polo fomento do cooperativismo e a promoción turístico #Mancomunidade #Concellos #FacendoCidade

O pleno correspondente ao mes de marzo tivo lugar onte na tarde na Sala de Alcaldes do Pazo Municipal de Ferrol

A Mancomunidade opta a varias subvencións autonómicas para poñer en marcha un servizo de orientación laboral por 34.124,67 euros

O pleno da Mancomunidade de Concellos da ría de Ferrol correspondente ao mes de marzo ven de celebrarse onte a tarde na Sala de Alcaldes do Concello de Ferrol baixo a presencia do rexedor da cidade, Jorge Suárez. Asistiron os rexedores de Narón, Neda, Mugardos, Ares, Cabanas e Valdoviño.

Nesta sesión, deuse conta da solicitude de varias subvencións,  entre elas, unha específica para a promoción do cooperativismo e a economía social  a fin de por en marcha un servizo de orientación laboral, para o que se concorrerá ás respectivas convocatorias abertas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

No caso deste proxecto de promoción do cooperativismo e a economía social, o orzamento estimado é de 37.439,23 €, dos que 29.951,38 €, o 80%, serían achegados pola Xunta de Galicia, e o resto, 7.487,85 €, polos concellos da Mancomunidade.

O proxecto inclúe un servizo de asesoramento ás persoas que desexen emprender baixo esta fórmula, que desde a Mancomunidade se defende como socialmente sostible é, tamén, e non menos interesantes, como un dos modelos de emprendemento que mellor soportou a crise.

Asemade, no pleno deuse conta doutra solicitude para unha axuda enfocada a por en marcha un servizo de orientación laboral, cun custe de 34.124,67 €.  Do total,  25.000 serían achegados pola Xunta de Galicia e 9.124,67 € pola Mancomunidade.

Para rematar, informouse da solicitude á Axencia Turismo de Galicia dunha subvención para contratar persoal para oficina de turismo nos meses de verán, que se dedicará a informar aos visitantes sobre os recursos turísticos existentes nos 21 concellos do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas, por un importe de 5.000 euros. O persoal ubicaríase na caseta turística dun dos concellos da Mancomunidade aínda por determinar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s