A noite das Pepitas e o Festival Internacional Atlántica marcan a axenda cultural da semana #Cultura #Música #Tradición #Jazz

OLD JAZZ BAND ORAGA

Teatro Jofre

Xoves 15 de marzo 2018

Hora: 20.30 h

Prezo: 12 € – 15 €

ORGANIZA: Sociedad Filarmónica Ferrolana.

Este grupo de dixieland é actualmente o máis antigo da República Checa. Foi fundado en 1968 e ao longo da súa dilatada actividade artística consolidou un estilo propio caracterizado pola súa forza emotiva, improvisación, perfecta técnica e conxunción entre os seus compoñentes. Contan cun amplo repertorio onde se mezclan temas tradicionais de varios estilos como o ragtime, o gospel, o dixieland e o mellor swing dos anos 30.

ATLÁNTICA
Festival Internacional de Narración Oral

Capela do CC Torrente Ballester

MULHERES QUE ENSABOAM PALAVRAS
Xoves 15 de marzo 2018 – 20:30h

TÂMARA BEZERRA (Brasil): Sesión con contos recollidos á beira de ríos no deserto brasileiro.

CONTOS ERÓTICOS AFRICANOS
Venres 16 de marzo 2018 – 20:30h


BONIFACE OFOGO (Camerún): Incursión ao mundo erótico do África tradicional, que non está exento de humor, de picardía e dun sentido moi avanzado da sexualidade.

Reparto de convites na billeteira do Teatro Jofre dende o martes 6 de marzo ata completar aforo. Máximo 2 por persoa

JD MCPHERSON
+ Charley Crockett


Auditorio
Venres 16 de marzo 2018 – 21:00h
Anticipada 13€ / Billeteira 16€


“Tiña pesadelos todas as noites e pensaba: ‘Vaia, van odiar isto’ “, di JD McPherson.
Cando fala do seu novo álbum,
Undivided Heart & Soul, non se aprecia indicio de auto adulación, ou mesmo da confianza que un podería esperar dun artista veterano. Hai con todo unha imaxe do proceso creativo de McPherson dándolle vida ao disco, unha viaxe chea de medo e de cambio, logo audacia e, finalmente, catarse.
Undivided Heart & Soul é un disco que nos mostra a McPherson tal e como é agora, cansado da batalla pero máis forte que nunca.

NOITE DAS PEPITAS

Sábado 17 de marzo 2018

Hora: 17.00 h

Acto Institucional Teatro Jofre

Hora: 18.00 h

Rolda polas rúas da cidade

Hora: 20.00 h

Actuación das Pepitas

Praza de Amboaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s