Presentación da #novoproxecto da Pasarela á veciñanza de Sta Mariña, San Pablo e Inferniño #FacendoCidade #Pasarela #Urbanismo

Onte ante un ateigado espazo cedido pola Asociación de Mulleres Amizade, o alcalde Jorge Suárez, xunto a concelleira de Urbanimos María Fernández Lemos acompañados de dous técnicos responsables do proxecto da nova Pasarela que permitirá unha maior facilidade de mobilidade entre a veciñanza destes tres barrios.

O proxecto presentado onte da nova pasarela peonil,  está valorado en en 668 000 €  sairá a licitación e vai ser executada con fondos municipais.  A devandita pasarela contempla unha estrutura metálica de tres metros de ancho con accesos de escaleiras e rampa. O alcalde da cidade sinalou que “é unha infraestrutua moi importante para a mellora da vida dos veciños dos tres barrios e que  é unha demanda de anos dos veciños” engadindo que “o novo proxecto ten unha superficie máis que suficiente para garantir o paso que se demandaba”. Pola súa banda a concelleira de Urbanismo María Fernández Lemos recoñeceu que a infraestrutura “é imprescindible para comunicar Sta. Mariña e o Ensanche e que beneficiará a unhas 2000 persoas”.

Ademais durante a xuntanza foron recollidas algunhas outras demandas como a da repación do noiro da rúa Loureiro e a vella pasarela que será requirido a Adif  que representa un perigo “para os viandantes e para a mesma circularación de ferrocarril” tal e como sinalaron os técnicos.  No caso de que Adif non atenda as esixencias do devandito requirimento, será o Concello quen atenderá está actuación, polo perigo que esta situación pode xerar dado o estado da antedita estrutura.

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s