FeC leva a pleno a inconclusa concentración parcelaria de Covas, Esmelle e Mandía

A Concentración Parcelaria de Covas, Esmelle, Marmacón e Mandía será levada a debate polo grupo municipal de Ferrol en Común  no pleno de fin de mes de marzo, este martes 27 as 19:00 horas , aínda inconclusa 38 anos despois.

“Mostra do desleixo da Xunta e do PP, en contra do que predican, por concluir este proceso importante para o noso rural”.

Así o manifestaba este luns, en rolda de prensa, o voceiro de FeC , poñendo de manifesto a evidencia de que “a Xunta tende a dilatar sine die os procedementos nos que non ten interese en contra do que sucede con outros permisos e autorizacións que dan en tempo récord”, manifestou Álvaro Montes.

 

“En 2015 é publicada a firmeza o acordo da Concentración Parcelaria co que se daba definitivamente por finalizado o devandito proceso que comeza o 30 de decembro de 1980  no que son presentadas na Delegación Provincial de Agricultura de A Coruña as solicitudes de Concentración Parcelaria avalada polas sinaturas dos veciños de Covas, Esmelle e Marmancón, que tres anos despois sería concedida,no 1985  é ampliada a parroquia de Mandiá.

. Este documento unha vez publicado nos correspondentes boletíns acreditaba a propiedade dos terreos, aínda que os títulos oficiais a día de hoxe aínda non chegaron para que os afectados poidan amosar a titularidade dos terreos expropiados polas obras da estrada de acceso ao porto exterior e recibir as indemnizacións correspondentes. Tampouco tivo lugar a colocación das mouteiras, e a dotación de acceso ás parcelas que non o tiveran.

Despois de 38 anos e logo de múltiples trabas, aínda a día de hoxe está pendente a entrega dos títulos de propiedade, a colocación das devanditas mouteiras así como a apertura dos camiños auxiliares de acceso a Caneliñas que sería a última fase despois da publicación de firmeza do Acordo da Concentración Parcelaria de 2015.

Logo das reiteradas solicitudes  realizadas dende o Concello xunto cos representantes veciñais das parroquias afectadas por esta cuestión, para manter unha xuntanza co Director Xeral de Desenvolvemento Rural  Miguel Ángel Pérez Dubois, e de non obter resposta; echegase esta moción ao pleno para que se adopten os acordos que sexan precisos para atender esta demanda que dende o Rural levan reclamando anos e que foi solicitada polos veciños na primeira xuntanza dentro do Programa + Rural do 14 .09.2017

Por elo FeC solicita á Xunta de Galicia:

  • Proceder á colocación das mouteiras das fincas que lindan co acceso a Caneliñas.
  • Atender as demandas sobre a apertura dos camiños auxiliares da vía da acceso a Caneliñas.
  • Acelerar o proceso de entrega dos títulos de propiedade aos afectados pola Concentración parcelaria”.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s