“A mocidade coa língua” 26 anos de festival musical

O Concello de Ferrol e a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra, voltan a unir forzas, un ano mais, para desenvolver  unha nova edición do festival musical “A mocidade coa língua 2018”, no ano no que a coordinadora vai celebrar o seu 26 aniversario.

Esta nova cita cun festival mítico, foi presentada este mediodía en rolda de prensa polo concelleiro de Normalización Lingüística, Álvaro Montes, e o representante da Coordinadora, Xil López Sánchez. Será o xoves, 5 de abril, a partires das 10:30 horas no Auditorio de Ferrol e participan preto de 800 rapazas e rapaces dunha ducia de centros educativos da nosa comarca completando, practicamente, o aforo do recinto.

Esta nova edición do XXVI Festival A mocidade coa lingua, sube ao escenario a sete grupos escolares de música en galego de outros tantos centros da comarca (IES, CPR e CPI), para todos os estilos, nunha festa da lingua que ten como plato forte a un grupo ben coñecido, como A banda da Loba, liderado por Xiana Lastra e que daba os seus primeiros pasos neste festival anos atrás e que acaba de ser recoñecido o seu primeiro álbum, Bailando as Rúas, como o mellor do ano nos premios Ari(T)mar da música galego portuguesa.Neste 2018, coa Banda da Loba, soben a escenario outros 35 músicos en 8 actuacións en dúas horas de festival. O primeiro en subir ao escenario será o Coro Solidarium do IES Terra de Trasancos, de Narón, seguidos de Irene Beceiro e Manolo Dopico, do IES Concepción Arenal. En terceiro lugar, Arredemo, do IES de Fene, Raptios, do CPI de Atios (Valdoviño), cunha proposta de rap en galego, o Carvalho Quartet, do IES Carvalho Calero, seguidos de Pay FUNk-Ta, do CPR Tirso e no peche,Indianos, está formado por alumnos do IES Fernando Esquío, de Neda.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s